Arquivo vivo
8 Novembro 2010Unha semana despois do óbito deste blog, cando xa case completou o seu tránsito a mellor vida, abrimos o testamento, que di o seguinte:

Fonte orixinal da imaxe
(con texto que vén moi ben ao caso)
Os autores do blog «Renovar o BNG» cedemos todo o seu legado ao dominio público. Os bens doados inclúen:
- O arquivo completo do blog orixinal, cuxo contido (posts, comentarios, páxinas, categorías, etiquetas e lista de ligazóns) será mantido integramente á disposición do público.
- Os documentos publicados na nosa conta en Scribd, que suman máis de 12.000 lecturas en 13 meses de actividade e que, iIgualmente, serán mantidos ao libre acceso do público.
- O blog Novos camiños, no cal encontraredes todos os vídeos da xornada de debate Novos camiños para a esquerda galega, ben como os respectivos textos dos relatorios. Recomendamos -e moito- a visita.
Até sempre!
Até breve!
8 Novembro 2010 ás 3:51 p.m.
[...] Testamento público do blog "renovarobng" renovarobng.blogaliza.org/2010/11/08/arquivo-vivo/ por xOsse hai 1 segundos [...]
8 Novembro 2010 ás 4:05 p.m.
Máis parece unha resurrección!
Milagre! Isto é cousa de Bieito! XD
8 Novembro 2010 ás 4:11 p.m.
[...] This post was mentioned on Twitter by xosse dorrío, Filipe Diez. Filipe Diez said: Testamento público do blog "Renovar o BNG" http://bit.ly/acPaD8 [...]
8 Novembro 2010 ás 4:24 p.m.
#2 xOsse: De ningunha maneira! Nese caso, non teríamos pasado do 3º día, que non íamos ser nós menos que ninguén
Apertas.
8 Novembro 2010 ás 6:32 p.m.
É a que coño ven que o suposto notario do cuadriño sexa cuspido e caghado o mesmo Pepiño Blanco?…
E que xa vos pasades ao PSOE e el pasa a darvos a benvida?…
(Aviso, modo retranca)…
8 Novembro 2010 ás 11:03 p.m.
#4 Trabúcaste Filipe, o Suso resucitou el mesmo, pois disque era Deus.
O que o Xosse Dorrio di é outra cousa, coa que ademais concordo:
este é o primeiro milagre de Bieito XVI: el veu a Compostela e vós resucitastes
Está clarísimo. Louvado sexa Deus. Que con menos vimbios ten feito a Nosa Santa Nai milagres menos milagrentos.
4 Febreiro 2011 ás 8:45 p.m.
1º) Unha mágoa.
2º) Supoño que vos resultaba “subxectivamente” “autoinevitable”.
3º) Sempre sen van os millores.
4º) Pero hai que ter empaque e aguante na vida; non caer en derrotismos absurdos que non levan a ningures; nin en escrúpulos fora da realidade das cousas.
5º) Vexo que seguimos sen aprender que hai que abandonar o minifundismo para ser competitivos.
6º) Malia toda a discordancia: sorte e unha aperta.
PS.- Ó final a vosa inmolación non servirá de nada, o BNG mudará para ben, inda que tan só o xustiño -e nin un ápice máis, ¡¡non seña o demo!!-, e seguiremos agardando outravolta unha verdadeira modernización na esquerda nacionalista galega, para que sexa menos túzara, e na que todos poidamos/poidades/poidan estar cómodos. Pero coma hoxe, como antes, e coma sempre, esa modernización será difícil porque vós, e antes outros coma vós, non estaredes dentro para axudar a facela posible. O dito, unha mágoa.
16 Febreiro 2011 ás 12:49 p.m.
Ao mellor o meu comentario 5º era premonitorio, non sei si xa ingresáchedes no partido dos «progres», pero ao sair do BNG xa díchedes cando menos un pasiño…
24 Maio 2011 ás 8:39 a.m.
Pois nesta altura nao sei se alguém lerá isto… mas de facto vamos às rochas…
25 Maio 2011 ás 2:35 a.m.
#9 meendinho: Por incrible que pareza, no día en que ti escribiches isto entraron no blog algo máis de 100 persoas. Levamos tres días consecutivos así, aínda que imaxino que será algo excepcional debido ás eleccións do domingo e que axiña o ritmo de visitas voltará ao habitual, cunhas ducias de lectores diarios que entran no arquivo.
Grazas por pasar aquí a comentar e que as rochas sexan macías