[EDITORIAL] Cara ás rochas
1 Novembro 2010Hoxe chega ao fin unha singradura comezada hai case vinte meses, e toca facer balanzo. Cando levamos as áncoras, éramos bos coñecedores das augas nas que estábamos prestos a adentrarnos, pero como en toda viaxe novidosa, descoñecíamos que ventos poderían alterar o rumo previsto, que compañías encontraríamos no noso navegar e cal sería a bagaxe que no fin albergarían as nosas bodegas. Se o mesmo Odiseo estivo á mercé dos elementos e do destino, non iría ocorrer de xeito diferente con nós.
I. A travesía: o blog
A pesar de sermos xente inconformista, o certo é que a sensación que o blog nos deixa é de satisfacción polo traballo feito. Cun navío sinxelo e unha tripulación escueta, conseguimos moito máis do que nos propoñíamos, que non era outra cousa que conseguir congregar a bordo os mariños que, nun ou noutro porto, esperaban en terra mais coa vista posta no horizonte. O primeiro motivo de satisfacción provén do feito de termos sido fieis a nós mesmos, pois fixemos exactamente o que nos propuxéramos, inmunes ás presións recibidas por babor e por estribor: durante o seu tempo de existencia, este blog foi -dito sexa sen a menor pisca de soberbia- o principal e o máis fértil foro de discusión sobre o BNG e sobre o nacionalismo galego, capaz de abrir debates de fondo sobre o modelo político e organizativo, de contribuír a unha redefinición estratéxica do discurso nacionalista, de marcar a axenda política do BNG, de compartir propostas e análises rigorosas, de aglutinar e dar voz á militancia crítica e, por riba de todo, de democratizar a información e manter acesa en moita xente a esperanza de que un outro nacionalismo é posible. Outra razón para a satisfacción surxe de ter superado as metas antevistas: isto foi así até tal punto que nos vimos obrigados pola propia audiencia a asumir unha función de órgao de comunicación informal de todo o BNG, incrementando o nivel de esixencia e a carga de traballo, pero ao mesmo tempo alargando os ámbitos de recepción e de influencia e posibilitando facer novas amizades, o que sen dúbida é un dos logros que máis nos alegra.
O certo é que o blog pecha as súas portas cando se encontra no seu punto máis alto, e preferimos que así sexa. Non nos referimos só aos aspectos cuantitativos de audiencia, xa que non é hoxe día para facer alarde de cifras, senón sobre todo aos cualitativos: mesmo con toda a animadversión que contra nós crearon moitas das persoas que coñecen -de primeira man ou de oídas- este blog, é raro encontrar quen discuta a nosa credibilidade, o noso rigor intelectual e a nosa capacidade de análise. E iso, no universo cainita do BNG, non é pouca cousa para uns simples mariñeiros coma nós, sen as costumeiras patentes da potestas.
Porén, non seríamos sinceros se non recoñecésemos que a satisfacción non é completa. Non podería ser doutro xeito: en parte por erros nosos, fundamentalmente algunhas imprecisións cometidas, que se ben non lle restan valor ao traballo feito, serven como cura de humildade sempre necesaria; en parte debido ás reaccións defensivas nacidas da incomprensión, cando non do sectarismo e mesmo do rancor persoal; e en parte, tamén, por causa da recepción de moitos dos nosos escritos, ao constatar que como norma xeral -con contadas aínda que moi gratas excepcións- os posts que máis expectación despertaron non foron os relativos ás análises e propostas, senón aqueles que reflectían o clima de enfrontamento interno. Un sintoma inequívoco de que algo está apodrecendo na cuberta do BNG, aínda que sempre haxa voces interesadas en culpar o espello por devolver a imaxe da propia deformidade.
Mais o blog non pecha por tales causas, e non pretendemos furtar ao público lector a verdade, do mesmo xeito que non o fixemos até agora. As causas do peche son diversas, e poden resumirse basicamente nunha: a nosa opción por dedicarnos a novos proxectos. Proxectos académicos, culturais e comunicativos; e si, tamén novos proxectos políticos. Pola súa relevancia, tanto os proxectos comunicativos como os políticos serán os que concentren boa parte das nosas enerxías no futuro inmediato, e pensamos que deles poden derivarse máis beneficios para o país que do mantemento deste blog.
Aínda máis, porque esta ferramenta de comunicación sempre tivo un carácter profunda e eminentemente propositivo; crítico, desde logo, pero propositivo e non meramente desconstrutor. E ocorre que, na actual situación do BNG, en caso de continuarmos co blog veríamonos obrigados a realizar un inmisericorde exercicio crítico con todos e cada un dos sectores do BNG, xa que motivos sobrados están a dar para iso, sen máis diferenza que unha cuestión de grao. Perante tal panorama, preferimos pechar o blog e deixalo como testemuño dunha etapa e dunha maneira de entender as cousas, antes que convertelo nunha metralladora xiratoria, xa que carecemos por completo de vocación militar e, de térmola, o noso albo sería moi outro. Ademais, non é un sinxelo veleiro como o noso lugar propio para armas dese calibre.
II. A travesía: o BNG
Desde este blog, fomos testemuñas privilexiadas da derrota -nunca mellor dito- que tomaba o BNG desde a perda do poder na Xunta até hoxe mesmo. E, como é evidente que este editorial ficaría coxo se só falásemos do blog e non do BNG, dispómonos a compartir con todos vós unha síntese do que observamos, do que entendemos e do que concluímos sobre a deriva do BNG.
O percurso do BNG nestes vinte meses pode resumirse en catro momentos ben diferenciados: primeiramente, un período de indefinición da correlación de forzas interna, que culmina en maio de 2009 coa vitoria da UPG como maioría minoritaria e a consolidación de +G (na altura, aínda +BNG) como alternativa; a continuación, unha segunda etapa, que ocupa o outono de 2009, de aproximación estratéxica entre +G e o EI, que alumbra a perspectiva dunha nova maioría posible; a seguir, a terceira fase vén marcada pola renuncia a convocar a Asemblea Nacional en 2010 e polo confronto nas primarias urbanas, coa consabida vitoria retumbante da UPG e os primeiros sinais de desintegración en +G; e por fin, o cuarto momento, no que nos encontramos actualmente, é o definido pola inercia dos sectores críticos (+G e EI), incapaces de tomaren a iniciativa, de deteren a sangría de desercións e de definiren un proxecto que non sexa dependente da UPG, ora por diverxencia ora por coincidencia. En resumo, podemos concluír que se pechou o ciclo aberto en marzo/abril de 2009: un ciclo que puxo en xeque como nunca antes a hexemonía da UPG no BNG, pero que se salda cunha UPG máis forte nun BNG a cada volta máis débil, debido non só ás decisións do partido-guía senón tamén ao desperdicio por parte dos demais das oportunidades que lles foron concedidas.
Con isto, triunfa o proxecto da UPG, aínda que pode ser un triunfo por demais amargo e que ultrapase con moito as piores previsións que xa espuxemos no inicio da nosa andaina no post A UPG e as leccións de Pirro. Na carta náutica que manexa o comando da UPG, había un risco sinalado con trazo groso: sendo un risco, non era un penedo, senón un perigo moito máis complexo: o risco dun motín a bordo. O período de goberno producira severas tensións dentro da UPG, que debían ser reconducidas a fin de evitar unha escisión que podería dar aos trastos coa hexemonía do partido-guía non xa no BNG, senón no conxunto do nacionalismo organizado. Despois do tempo da ala posibilista, era chegada a hora de que o sector obreirista asumise o comando e ditase a liña a seguir.
Esa liña é transparente, e seguramente por iso algúns non conseguen vela: consiste en afianzar a fronte social do Movemento Nacional-Popular Galego en detrimento da fronte política, deslocando o eixo das relacións cara a un predominio da CIG e, en xeral, do sector máis ortodoxo do partido. Todo o demais é consecuencia disto: o discurso de recuperación de apoios entre as clases populares; a opción pola mobilización constante como fórmula política preferente, cando non exclusiva; a ruptura da cultura do grande pacto, para evitar que un estraño puidese interferir no rumo trazado; a escolla dun Portavoz Nacional facilmente descartable; e, por riba de todo, a contracción calculada do BNG como vector estratéxico para toda unha década.
Ese proceso de contracción aplícase tanto ao plano social, buscando unha moderada redución de apoios que diminúa a presenza nos gobernos e, con iso, o nivel de contradiccións entre a fronte política e o comando supremo social-sindical; como ao plano interno, onde se parte cara a unha estratexia primeiro de división (ruptura da maioría natural) e despois de confrontación (primarias urbanas), co obxectivo de reafirmar a condición hexemónica da UPG e de provocar o abandono daqueles que ou ben non están dispostos a aceptar as consecuencias dese dominio ou ben, ao verse privados dos espazos institucionais dos que desfrutaban na anterior división do traballo, deixan de ter estímulo para continuar.
Se a contracción requere a aplicación de métodos expeditivos, a UPG non ten o menor pudor en aplicalos, perante a indiferente pasividade dos demais en case todos os casos: desde suspender o exame de nacionalismo a novos militantes (BNG de Ferrol, Galiza Nova en todo o país) até manipular os censos (A Coruña), pasando por expedientar as minorías (Ponteareas), ameazar as maiorías (Valdeorras), chantaxear os candidatos (Vigo, Mugardos) ou queimar a base social para ter unha escusa -as malas perspectivas electorais autoxeradas- que xustifique o abandono do goberno (A Estrada). Iso, por non falar das defenestracións sectarias (Lugo, Betanzos), do uso masivo de liberados do BNG en beneficio de parte (Santiago), da indicación de candidatos que non superarían unha auditoría ética básica (Santiago) ou da absoluta falta de reciprocidade na defensa dos compañeiros (Quintana, Ourense) por parte dos mesmos que esixen o peche de filas diante dos asuntos máis fedorentos que practicou o BNG no bipartito, curiosamente todos provenientes do mesmo lado.
Este cálculo da contracción programada do BNG só ten -ao lado das innegables vantaxes que proporciona a cohesión interna da tribo- dous inconvenientes, se ben que non menores: (i) que a contracción nos apoios electorais sexa maior que o previsto, o que pode redundar nunha perda de influencia que a CIG e Queremos Galego sexan incapaces de absorber e equilibrar; e (ii) que a crenza determinista -e antihistórica- de que é inviable organizarse á marxe da UPG se mostre errada, se unha nova xeración dá un paso adiante e recolle a mellor herdanza do galeguismo e do nacionalismo e sabe adaptala ás esixencias da sociedade contemporánea, consolidando un novo referente político con vontade de permanencia e co obxectivo de acadar a hexemonía no campo da esquerda, en primeiro lugar, e no conxunto da sociedade posteriormente.
A estas alturas da noite, os oficiais de garda xa albiscaron eses perigos, e decidiron que a orquestra tocase en cuberta con máis triunfalismo aínda: xa non lles resulta posible dar marcha atrás. Non só porque as caldeiras están a todo vapor e a manobra esixa dunha pericia que se antolla improbable; nin porque a tripulación puidese amotinarse, pois o ano e medio de borrado das pegadas na moqueta calmou considerablemente os ánimos; senón, sobre todo, porque están xogando a única carta que teñen: a mobilización constante como simulacro dunha acción política opositora e, simultaneamente, como mecanismo de reforzo do músculo sindical e social (non se perda de vista a convocatoria de eleccións sindicais en 2011) é o único recurso do que dispón unha UPG atenazada polos escándalos de Carrumeiro, SEAGA, o Consorcio e a nova rede empresarial tecida ao redor dos prohomes da UPG compostelá, asuntos que obrigaron o partido-guía a subscribir un pacto de non-agresión co PPdeG (reaccións ás crises do PPdeG pola implicación na trama Gürtel e pola vaga de incendios) e a blindarse mediaticamente (pacto con LVG, postura na fusión das caixas).
Lamentablemente, isto leva a que o BNG derrame unha oportunidade histórica: goberno da dereita reaccionaria en Galiza e perspectivas de que así sexa tamén en España, deriva dereitizante do PSOE e fractura coa súa base social, redefinición dos límites do Estado autonómico e crise económico-social propicia para mensaxes radicalmente transformadoras. E é que, ao invés de morder decididamente no espazo político cada vez máis precariamente ocupado polo PSdeG e de buscar a mobilización da esquerda tradicionalemte abstencionista, a UPG dirixe o BNG cara a un repregue sobre si mesmo, a sabendas de que iso conduce o BNG a unha substancial perda de peso político e pode levalo á irrelevancia. No pecado leva a súa penitencia, que non ha de tardar en ter que afrontar.
Con todo, non sería xusto analisar a realidade do BNG aludindo unicamente á UPG, pois, por máis que sexa a forza hexemónica, outros actores tamén teñen a súa cota parte de responsabilidade. E téñena fundamentalmente por omisión. +Galiza, por mostrarse incapaz de dotarse dun discurso e dun proxecto propios, por mudar de rumo no medio do camiño, por non crer nos seus propios slogans, por deixarse fracturar no proceso de primarias e por non entender o que se está xogando neste embate, que é a propia supervivencia do BNG como proxecto de referencia do nacionalismo político, e non un mero reparto do poder interno. O Encontro Irmandiño, pola súa parte, por entender o que está a ocorrer pero carecer da coraxe para actuar, unha coraxe que malgasta en proclamas altisonantes pero que non dá lugar a un proxecto político propio e nin sequera a decisións valentes no seo do BNG. Uns e outros son cómplices do proceso de dexeneración do BNG, e ambos deberán facer unha profunda autocrítica cando a situación chegue -probablemente en 2012- a límites insustentables: a saída fácil será botar todas as culpas no lombo da UPG, pero iso significaría a asunción da propia insignificancia; e diso a UPG, en minoría no Consello Nacional pero campando ao seu belpracer, non ten a culpa.
En definitiva, o BNG diríxese cara ás rochas, e semella que o rumo é irreversible: a UPG trazouno e nin pode nin quere corrixilo; +G asumiuno en parte por cegueira en parte por ineptitude en parte por comenencia; e o EI permanece inmóbil -en parte por comenencia en parte por ineptitude en parte por complexos-, contentándose co triste soño de herdar os despoxos do próximo naufraxio. Entrementres, o MGS, que disque tiña un proxecto autónomo, adícase a facer caixa por conta da debilidade conxuntural da UPG.
Á medida que o BNG segue prescindindo de tantos simpatizantes e ex militantes valiosos, ao tempo que se desfai de parte da actual militancia entre brindes de champaña, nesa mesma proporción o BNG tórnase cada vez máis prescindible para o país. Un país que responde ás mobilizacións realmente necesarias (agresións á lingua e aos dereitos socio-laborais), pero que non por iso vai se deitar nos brazos dun BNG feito á imaxe e semellanza do pior que a UPG ten para ofrecer. As eleccións municipais serán o derradeiro aviso, unha tenue luz antes de que o faro se perda de vista para sempre.
Chega o momento de despedirse, e relendo o texto sorprendémonos da contundencia que desprende. Pode até mesmo dar a impresión de que estamos tan certos do que dicimos que non contemplamos a posibilidade de errar. Nada máis lonxe da realidade: confesámonos completamente incapaces de adiviñar o futuro, que só conseguimos imaxinar a partir da análise do que temos diante dos ollos. Non reivindicamos, por tanto, ningún outro don que non sexa o da lucidez.
A aqueles que pensen que este texto é produto dunha estadía na illa dos comedores de loto ou dos feitizos de Circe, dirémoslles que nos encantaría que estivesen no certo, mais non é o caso. Aínda nin sabemos en que porto recalou a nosa humilde dorna, pero, polo que puidemos explorar, por aquí non hai magas nin castelos, non se oen cantos de sereas nin se escoitan os berros das vítimas dos antropófagos. E a temperatura, por certo, semella ser amena.
Estamos por afirmar que non chegamos a Ítaca, pois este territorio non ten trazos de illa: ou moito nos equivocamos, ou estamos a punto de botar o pé en terra firme.
Epílogo
Hai xa algún tempo, un home sabio dixo que ía sendo hora de deixar de explicar o mundo e dedicarse a transformalo. Hoxe, inspirados no seu exemplo e no de tantos e tantas que antes que nós loitaron polos ideais que facemos nosos, nós dicimos que xa pasou o momento de soñar coa ferramenta política que o país precisa e son chegados os tempos de construíla -e, xunto con ela, construír tantas outras ferramentas necesarias para podermos ter un futuro de noso.
Dito isto, permitídenos engadir que, sexa baixo o mesmo teito ou ben saíndo de edificios diferentes, podedes contar sempre connosco lado a lado cando se trate de defender os dereitos do noso pobo, a xustiza social e a loita contra calquera forma de opresión, prodúzase onde se produza. Hai máis dun camiño para chegar ao destino, e é bo que as xentes de esquerda os transitemos e os ocupemos, pois dese xeito aumentamos as posibilidades de alcanzalo.
Non podemos rematar sen agradecer profunda e sinceramente a vosa participación, a vosa atención, a vosa fidelidade e o aprezo que tantas veces nos mostrastes. Para nós esta viaxe que agora finda foi moi enriquecedora no político e no persoal, e desexamos que tamén para vós fora dalgún proveito. Por todo, recibide unha calorosa aperta. Grazas e até sempre!
* * * * *
Ao longo desta semana, recibimos a proposta dun grupo de persoas ligadas ao Espazo Socialista Galego para continuar co proxecto de Renovar o BNG. Por ser a única oferta que recibimos, por cumprir cos requisitos que esiximos para o traspaso e por garantir a continuidade dun espazo de debate e intercambio que se tornou importante para un bo número de persoas, con moito agrado aceptamos. Por tanto, anunciamos que mañán mesmo procederemos a facilitarlle a esas persoas as chaves de acceso á web www.renovarobng.org, que será o enderezo desa nova etapa do blog. As persoas responsables pola continuidade do proxecto son, polo de agora e a expensas de que se incorpore algunha máis, Ínhigo Ansotegi e Estevo Sánchez.
Onte, unha persoa do EI da Coruña interesouse pola situación do blog e, aínda que non garantiu en firme que as persoas que representa se comprometesen coa súa continuidade, en caso de que así o manifesten en breve prazo, porémolas en contacto co grupo antes citado. E con isto remata a nosa responsabilidade. Boa sorte aos novos xestores, e que os deuses dos mares e dos ventos nos sexan a todos propicios.
* * * * *
Este blog acabouse de imprimir nos obradoiros gráficos de Blogaliza.org,
a quen agradecemos pola afable e xenerosa acollida,
na Noite de Defuntos de 2010.



1 Novembro 2010 ás 4:34 a.m.
Relacionada: http://www.xornal.com/artigo/2010/10/31/suplementos/contexto/filipe-diez-ferramentas-electronicas-poden-dinamizar-politica/2010103023521000707.html
1 Novembro 2010 ás 4:47 a.m.
[...] This post was mentioned on Twitter by Estevo Sanchez, Filipe Diez. Filipe Diez said: "Cara ás rochas" http://bit.ly/8Yx8Uy Editorial de despedida do blog "Renovar o BNG" [...]
1 Novembro 2010 ás 10:05 a.m.
Para amortecer a tristura deste día de defuntos, anunciamos que a comezos de decembro argallaremos unha cea con todos os membros do noso «consello editorial»; non para despedirnos, senón para reencontrarnos e compartir o irrenunciábel calor da vosa leria.
Abrazos sinceros a todos e todas os lectores e opinadores, e moitas grazas pola audiencia.
E a Filipe e a Emilio, a sempre reconfortante cita dos clásicos:
«Tu en tu carcel
y yo en la mía
seguimos organizados»
PS. Si: o suxeito que aparece na foto da entrevista de Xornal arriba vinculada é Filipe Diez, só que sen barba e co pelo curto. Os seus amigos abrimos xa un seminario para discutir sobre o significado semiótico político de tan radical e agradábel mudanza. Irémosvos informando das nosas conclusións.
1 Novembro 2010 ás 12:19 p.m.
a anlise de cara as rochas pareceme bastante acertado, pero no epilogo , claro que hai mais dun camiño para chegar o destino , pero non volvamos andar unha vez mais os mesmos, xa que asi non chegaremos nunca. Os meus paravens polo voso traballo . Saude e Terra
1 Novembro 2010 ás 12:24 p.m.
Xa levaba eu tempo sen escribires nada, sí lendo a maioría dos post, pero sen comentar porque chegado un intre, entendín innecesario: había metralla dabondo fóra de discusións racionais. Tamén crin que alguns dos comentaristas adicábanse a falar do divino e o humano sen baixar á terra; algo habitual no BNG.
Si mo permitides, neste derradeiro (polo momento) post, gostaríame de dicir un par de cousas (ou tres):
- Concordando coa maioría do exposto, dicir: os post máis lidos/comentados eran os faltos de rigor político: certo. Supoño que moitos de nós tiñamos ansia de ver que aínda hai loitadores na esquerda galega, que hai moitos coma mín que remataron queimados e defraudados do BNG, e tiñamos/temos a esperanza que cambie, que esa patulea de burócratas que se fixo co poder, que están por riba do ben e do mal vaia a onde teñen que ir: a tomar por onde comezan os cestos. Os post máis políticos reafirmaron a miña opinión que hai moitísimo máis que nos une que o que nos separa, por iso non tiñan ao mellor esa repercusión. (Lonxe de desencontros cubanos-coreanos-rusos. Saúdos para Amoedo e Roi Xordo;) ).
- Discrepei e discrepo dos papeis que outorgades as distintas forzas; dixen e digo, eu vexo (poñede: penso, coido,…) que +G é un fato de xente que quere a súa cota de poder(dá noxo a moqueta) e non ten outra cousa en mente. A súa actuación ao longo destes meses corroborou (para mín, ao meu xeito de ver) a miña inicial intuición, onde primaron máis unha posición nas listas que unha verdadeira renovación no BNG. O EI tenta coa súa pequena forza esa renovación, pero coa pequena parcela de poder, coa pequena voz que teñen, qué máis queredes que faga? . Tentou sempre, desde a honradez, e a fidelidade, trocar desde dentro a Fronte, e foi vapuleado unha e outra vez, e en moitas ocasións, coa participación na paliza de +G .
- Agradecervos sí, direi polo que fixestedes de renacer a esperanza que hai mais xente que pensa que isto non era o que agardamos durante tantos anos. Eu sempre adoito dicir que me sinto un pouco orfo; xa non sei se son de esquerda, de dereitas, de centro, social-liberal, demócrata cristiano,… joder! Houbo un intre que dubidei de todo.
Agora vexo que non, que estou no certo, segue a haber unha esquerda crítica, social, o problema é o de sempre: desorganizada.
Para rematar, noraboa a todos, aínda que recoñezo que de Amoedo sólo se salva o seu gusto musical, que é moi semellante ao meu, debe ser por proximidade xeográfica e vital, seguro compartimos algúns intres en Castrelos. «Muchos los llamados, pocos elegidos para ser héroes del proletariado».
Unha aperta fraternal para todos vós (e bós) e para todos os que dalgún xeito participastedes neste Blog pensando aportar algo á mellora do noso País.
Vémonos na rúa.
1 Novembro 2010 ás 1:07 p.m.
Fun lector do blog e sinto o seu peche, aínda que persoalmente gostaba máis da forma que do fondo das vosas reflexións. Movíame á lectura a orixinalidade dos plantexamentos e a calidade literaria dos textos. Os contidos non sempre os compartín, por exceder moitas veces de opinións persoais en detrimento da propia análise política. No artigo de despedida estou básicamente de acordo, o que esté libre de culpa que lance a primeira pedra! Neste senso boto en falta un pouco de autocrítica pois entendo que en máis dunha ocasión contribuíchedes (consciente ou inconscientemente) á semantar a discórdia dentro da organización. Particularmente penso, e non son o único, que foi incomprensible que dérades cobertura ao derradeiro artigo referente á Valdeorras. Cecáis debeuse a que xa estábades centrados noutras cousas.
O «devenir» do BNG é incerto, pero a vida dá moitas voltas e o que hoxe son liortas e divisións pode que mañá se tornen en unidade e apertas (interesadas ou non).
Ata outra!
1 Novembro 2010 ás 2:01 p.m.
Quase estou dacordo num 100%, mas cometedes um erro grosso, que é que o BNG nom está só no mundo e também age e reage cos outros actores sociais. O BNG está a actuar como referente único do nacionalismo, e o resto de actores (em política: o PPSOE) estâm mui cómodos assi e nom acho que vejam oportuno mudar as cousas. Ainda bem, a pauperizaçom social e a debacle do modelo ocidental bem poderiam estar nos cálculos de muita gente (com efeito, já está nos do PP, e em clave fascista). Deixar isso de lado tampouco é mui brilhante. Mas, em geral, limitades-vos reflectir a realidade num blogue.
O que mais acho a faltar é ũa análise estrutural: o porquê da incapacidade de tanta gente -e de tanto valor-, o porquê de apostas tam miopes por parte de gente também tam inteligente. Eu penso que temos ũa mentalidade colonizada e pensamos mui em espanhol e em pequeno. A clave nom é outra cousa do que mudar isso, e procurar o jeito de o fazer.
1 Novembro 2010 ás 2:14 p.m.
Os que teñan dúbidas sobre a necesidade de crítica aberta e pública sobre as políticas, as estratexias ou a organización interna do BNG, que vaian ao Terra e Tempo e lean a última ‘contribución’ de Bautista Álvarez.
Non lle quixera eu facer publicidade, pero francamente a un extráñalle que alguén que escribe ‘iso’, esa manda de insinuacións, acusacións e ameazas, escrito nun estilo que é máis propio da camorra ou de organizacións mafiosas, poida, repito, ser presidente honorario do partido hexemónico do BNG.
Francamente.
1 Novembro 2010 ás 2:40 p.m.
Concordo absolutamente coa marcaxe dos tempos que tedes feito.
Noutras circunstancias, o blog tería durado moito, moito máis tempo. A experiencia previa e a vosa hiperactividade (catro hoplitas foron exército) lograron queimar etapas e evidenciar de maneira rigorosa e dotada de vocación dialéctica e didáctica, as verdades que ninguén quere ver.
A pertinencia do feche é a consecuencia lóxica de se bater coa cabeza contra o muro unha e outra volta, sen recurrir aos Ramones coma terapia. Verbigracia: Non hai que facerlle. Procuremos outras leiras onde sachar non engorde trolls, e sí supoña futuras primaveras (que non é pouco).
Que mantenades a ilusión e a intelixencia. Que teñades éxito (e tamén fortuna) cos recursos humanos e procuredes pola imprescindíbel solidez da estrutura.
Obrigado polo voso inxente traballo. Como diría un escuro (pola súa discreción) autor que asinaba edizón en Laiovento, obrigado tamén polo voso «interese e desinterese».
Lembrai tamén as derradeiras palabras oficiosamente atribuidas a Rosalía, pedíndolle á filla que correse as cortiñas para que entrase a luz e puidese ver o mar,…
Pois iso, grazas por botar tanta luz non facturada.
Tudo de bom.
1 Novembro 2010 ás 4:55 p.m.
[...] Cara ás rochas [ED] renovarobng.blogaliza.org/2010/11/01/editorial-cara-as-rochas/ por txanbau hai 2 segundos [...]
1 Novembro 2010 ás 6:44 p.m.
Saravá!
1 Novembro 2010 ás 8:42 p.m.
Agardamos por eses novos proxectos que, abofé, superarán o presente. Saúde e éxitos!
1 Novembro 2010 ás 8:59 p.m.
Versión espallada polos Comités da UdC sobre o peche do blog
Rumoroso. Fechan o blog porque lles meteron unha denuncia.
Crédulo. E logo?
Rumoroso. Si, ho. Non foi nin o Filipe nin o Amoedo, foi o outro, o terceiro en discordia. Seique un día se lle foi a pinza e dixo o que non debía.
Crédulo. Carafio!
Reacción dos administradores do blog

Cantas outras versións andarán a circular polo país?
Ollade a nosa cara de preocupación:
1 Novembro 2010 ás 10:03 p.m.
Meu Emilio!
1 Novembro 2010 ás 10:14 p.m.
O dos «objectivos cumpridos» é mui duvidoso. É certo que tivestes muita audiência, mas para que serviu isso? É evidente que prejudicastes os vossos inimigos, mas a costa de usar tam más artes que vos isolastes no vosso próprio ámbito e mesmo acabastes desprezados polos mais próximos. Até poderíades investigar que andou a pregoar certa gente do ESG sobre vós quando começastes a ser mal vistos pola maioria de +G, pois aí subiu-se ao carro do desmarque até umha das pessoas que seica vai assumir o novo projecto.
É mui ousado falar de êxito quando duvido que convencéssedes a ninguém, mais bem ao contrário. Pugestes merda no ventilador e acabou salpicando-vos tamém: todos perdem e ninguém parece ganhar mais que os inimigos comuns do nacionalismo. De verdade estades contentos?
Por isso surpreende que faledes do «ponto mais alto». Há meses que nom é assim. No seu momento fostes até respeitados, agora, além de 4 fãs cos que duvido que podades contar para algo fora da internet, nom contades com absolutamenten ninguém que vos apoie e nem sequer que vos veja com bons olhos. Do resto, asseguro-vos que todos discutem a vossa «credibilidade» e o vooso «rigor intelectual», do que pressumides.
1 Novembro 2010 ás 10:25 p.m.
Si, sociolisto, si, o que ti digas.
1 Novembro 2010 ás 10:34 p.m.
15# Claaaaaaaaaaro… claaaaaaaaaaaaaaro…
1 Novembro 2010 ás 10:48 p.m.
Boas… só dicer que o termo «singradura» está mal empregado. «Singradura» significa «Distancia que percorre un barco en vintecatro horas, contadas polo xeral a partir das doce do mediodía.», así que non poden haber singraduras de 20 meses.
Saúdos.
1 Novembro 2010 ás 11:32 p.m.
Eu coma moita outra xente seguín con interese o blog, e sen concordar nalgunhas apreciacións dos editores, sempre valorei a honestidade coa estaban feitas, honestidade que nunca atopei nos meus anos (felizmente pasados) de militancia bloque.
A algunha xente no bloque, non entendeu que internet está aquí para quedarse, que xa non se pode agochar as miserias indefinidamente, séntalle fatal o ar,seica pretenden seguir a vivir entre detritos e miran mal a quen opina, fala, ou critica….uuuhhhh que medo!!! ananos, estómagos agradecidos e cínicos acomodados dos distintos rabaños do mundo bloque fiscalizan ao país vivo que paulatinamente vos devolverá ao século XX, a ser un mal recordo, nese mundo de pantasmas vos estaredes coma na casa. E nos construiremos o nacionalismo do novo século, non porque sexamos máis, nin listísimos, senón porque somos mellores, somos libres.
1 Novembro 2010 ás 11:34 p.m.
Socialistas, desde logo a túa análise dista moito do que pode ser apreciado por canta xente se achegou aqui. Espero vervos nun proxecto prometedor, o BNG foi unha etapa, agora debe comezar outra.
1 Novembro 2010 ás 11:57 p.m.
#19 Así sexa.
2 Novembro 2010 ás 1:13 a.m.
Moitas grazas por estes meses de informacións e reflexións. Aprendín máis sobre o BNG que nos cinco anos anteriores de militancia. Saúde e Terra!
2 Novembro 2010 ás 10:08 a.m.
Os tempos são chegados, mas não sei de quem… bom, na realidade sim: da ultadireita, do fascismo, da xenofobia. Sempre me resulta difícil compreender porque em tempos de crise a esquerda não é quem de alargar o seu espaço social entre a classe trabalhadora. E agora percebo (talvez conclussao temporal e errada) que é a Palavra, o Verbo… sim as ideias, que sao apoderadas pela direita sem rubor: liberdade, igualdade (nunca dirao fraternidade, mas caridade).
O BNG tem esse defeito, nao como entidade, nós como militantes: nunca nos apoderamos das Palavras, das Ideias. E nunca, por essa razao, crimos necessário descer ao terreno onde se fazem as batalhas democráticas. E já, à fim, nem dentro do BNG fez-se uma política de formaçao, informaçao ou debate de ideias sinceiro, claro, calmo e transparente. Eis um dos êxitos deste blogue. E o alvo de qualquer «coisa» que poida sair daquí.
Enquanto isso nao se materializar, deixo um decálogo pessoal:
1. O ESPAÇO POLÍTICO só pode ser ocupado por novas forças que não solapem completamente o que já temos. Incluso uma força em descompossiçao como o BNG pode revitalizar-se à custa de outros de se darem certas circunstâncias (anos 80 com o PSG-EG). Nesta altura na Galiza temos três espaços claramente sem ocupar: um galeguismo-nacionalismo liberal, um independentismo/soberanismo socialdemocrata/liberal e mais o ecologismo político (bem ecosocialismo, bem ecologismo liberal). Qualquer outro espaço deve de partir da luta contra o já existente e, isso, une e revitaliza a qualquer. Em todo caso, um partido quer povo. Cómpre delimitar qual é a nova camada social que está orfã da representaçao política e que pode representar. Só tendo uma base social concreta e determinada se pode alargar a organizaçao. Os partidos transversais sao-o após ter representado a um conjunto social determinado.
2. Como alguem comentara antes, os que aproveitamos o atraque da náu nalguma ilha solitária há bastantes anos, estamos orfãos: já nem sabemos que somos… mas a fim o que realmente nos une é o que dá nome ao BNG: a naçao galega. Após disso o demais. Porém, na sociedade isso nao é relevante ou é-o tanto como o peso do nacionalismo. As identificaçoes com o liberalismo, o socialismo ou a socialdemocracia sao mais relevantes de que o nacionalismo.Um partido só nacionalista não pode, nesta altura, ser majoritário.
3. A ferida de morte do BNG nao se produziu nos anos 2000. Ela teve lugar quano no ano 1999 após atingir três alcaides (um deles em Vigo) não significou nem mais militância, nem mais conhecimento de dentro para fora, nem (o mais relevante) transformaçoes urbanas e sociais. Só o caso de Ponte Vedra foi relevante e o BNG manteve a alcaldia precissamente pela acçao guvernamental. Eis uma verdadeira liçao: não importa como o fazes, mas o que fazes. Às políticas do Sr. feijoo nao se medirao pelo ataque ao galego, mas se há uma ideia de melhor situaçao do ensino, da sanidade… e nao necessariamente da pública, mas da que «eu tenho de usar».
4. As novas tecnologias permitem salvar o espaço físsico e, sobre tudo, a participaçao de muitíssima gente que nao o faria. Qualquer organizaçao que queira ser majoritária tem de despraçar o seu peso ao virtual. Convocatórias, debates, informaçoes, tomadas de decissoes… As assembleias tradicionais nao permitem mais que a participaçao dos liberados, dos empregados do sector público com muito tempo, de estudantes e dos «profissionais da política». Isso é tempo de romper. O porque uma assembleia tem de ser físsica? O por que um «Conselho Nacional» tem de tomar decissoes sem refrendar pelos militantes ou, mesmo, sem aceitar críticas, opinioes…. Na minha experiência nos comitês puidem contrastar que o importante nao é tanto a militância como a capacidade de influência. E só nos deixamos influir de quem nos translada confiança. Somos 5 macacos virtuais, mas seguramente temos tanta influência social (ou mais) que os 5 macacos que se reunem na sua sede política e vao ao seu bar «político».
5. A endogamia social tao característica no BNG é possível rompê-la precissamente com as novas tecnologias. Eu nao tenho porque partilhar espaços comuns físsicos, mas sim virtuais e, o mais relevante, ideológicos com a minha organizaçao. E, à vez, continuo no meu espaço vital. Saber que partilho com outros ideias, dá aços para expandí-las na minha contorna. Se me sinto só e extranho, nao o farei.
6. Quem nasceu soberanista, independentista, ecologista ou mesmo nacionalista? Tudo é um aprendizagem. A teoria das aprendizagens significativas é uma descoberta que nao assimilamos em certas organizaçoes políticas: só apreendo partindo dos meus conhecimentos, pré-conceitos e juíços de valor que tenho. Se algo se amostra longe ou inalcanzável ou mesmo contrário ao meu pensamento, nao o assimilarei. Por isso as verdadeiras revoluçoes dao-se primeiro no mundo das Palavras, das Ideias. Só depois se materializam em algo. E cómpre partir do conhecido, do existente.
7. A realidade social amostra um individualismo exagerado. E a tendência organizativa e económica é aprofundizar nela: o queda na taxa de assalariados (com o aumento do papel dos autónomos), aumento de externalizaçoes (outsourcing)… implica um incremento do pensamento do «eu» face o «nós». Partir desta situaçao para defender o público, o social, o comum e, polo tanto, de vencer as desigualdades que o individualismo económico e político gera devera ser um alvo de todo partido da esquerda. Mas sem afogar as possibilidades de individualizaçao das pessoas. E sem cair no erro de dar ao estado a capacidade de decidir «ilustradamente». Por isso «quanto mais perto, melhor».
8. No plano estatal amostra-se um erro esquecer ou obviar a situaçao política da galiza no reino da espanha. Temos de pensar em galiza como sujeito político e nacional, mas isso cómpre trabalhar no âmbito estatal. Bem com uma organizaçao confederal estatal, bem com coaligaçoes posteriores. Em todo caso, deve de ser também alvo partilhar política estatal e, de ser o caso, participar no governo central.
9. Igualmente o anterior, deve-se repensar o papel de Espanha. É uma naçao (de base castelhana) onde nao podem entrar as naçoes catalana, vasca e galega? É um estado onde se podem acubilhar as naçoes castelhana, galega, catalana e vasca? Devemos recuperar o vocábulo Espanha também para nós?
10. Queremos ser majoritários ou queremos convencer à sociedade?
2 Novembro 2010 ás 10:47 a.m.
Foi pechar este blog e saír en portada do Xornal Teresa Táboas a toda plana, Dilma mediante.
http://www.xornal.com/media/files/kiosko//kiosko-xornal/201011/021110.pdf
2 Novembro 2010 ás 7:19 p.m.
Parabéns polo traballo levado a cabo.
A entrega desinteresada do tempo propio a unha causa nunca se valorou (xa non sufiecientemente)
Informade do que vaiades facendo (total ímonos enterar na rede ; )
Apertas sinceiras.
2 Novembro 2010 ás 7:56 p.m.
Parabéns polo traballo. Saúde e Terra!
2 Novembro 2010 ás 7:58 p.m.
e muitas grazas!
2 Novembro 2010 ás 8:49 p.m.
Arrecarallo, non foi sen tempo!
2 Novembro 2010 ás 10:40 p.m.
Vila, desque existe o mundo sempre existirom duas classes de pessoas: os que na aldeia berram de tal jeito que têm a casa de cristal e todo o mundo conhece as suas vidas, e os que andam caladinhos e ninguém sabe por onde vam sair. Bem sabemos todos que os primeiros só ganham quando a força está do seu lado. Nunca fixo falta internet para isso, e a guerra mais antiga do mundo é a inteligência e a criptografia (mais outra, o BNG nem sequer emprega sinatura cifrada nos seus correios oficiais), quem nom saiba isto, algo tam elementál, melhor que se documente e que o faga bem. O exibicionismo pode ter um valor libertário mui alto -sobretodo para os beneficiários, que nom som nunca os practicantes-, mas também como todo tem um preço a pagar. Às vezes altíssimo.
O BNG só pode fazer de palhaço neste circo, as suas piores corruptelas nom chegam às de concelheiros do PPSOE, e o seu papel no tinglado é totalmente de botones Sacarino, somos um mandilom do sistema mendicando quatro favores. Se ainda achas que devemos fazer de palhaços, apagha a lus, Marilus.
Meendinho, a esquerda independentista nom serve nem para fazer recitais poéticos, e melhor calo, os experimentos de Corte Inglés da direita galeguista já os tenho bem calados, e a ecomerdalhada nom vai a nengures nom sendo argalhar ONGs para mamar do teto. Nom há mercado nacionalista, se nom o há em grosseiro para o BNG, que caralho vai haver para especialidades??
3 Novembro 2010 ás 12:19 a.m.
Dá gusto ver os comentarios deste post, por fin sen insultos nin descalificación . Todo en positivo. Vese que os cans, ao botar o fecho xa non nos consideran carnaza. (Non saben o que lles espera)
Grazas a Carlos, Emilio e Filipe polo traballo desenvolvido. Eu só puxen o meu alento, ainda que os xornais gosten tanto de publicar o meu apelido.
Espero vervos a todos na próxima aventura.
3 Novembro 2010 ás 1:38 a.m.
Certamente señor opinador a democracia é unha lata, por suposto a información debe ser convintemente administrada por algunha executiva de ananos. Mesmo pode que tras anos de aguantar a respiración os bloqueriños pasen de botones a auxiliar administrativo con cinceiro anal incorporado.
Pero o certo e que eu non acho moita xente disposta a aguantar xa respiración ningunha, máis que nada porque provoca lesións cerebrais e non todos podemos ser liberados da organización.
ah! a referencia ao mundo da aldea pégavos moito, é o que vos queda, a recreación bucólica do pasado.
3 Novembro 2010 ás 2:05 a.m.
Grazas polos servizos e polo tempo adicado a tentar mellorar o país. O verdadeiro nacionalismo é aquel que se constrúe dende a integridade e non dende a carteira, e máis cando che venden un fume comunista que tan so serve para afogarnos.
3 Novembro 2010 ás 2:25 a.m.
Mire, senhor Vila, ninguém vai votar por ũa casa de putas que ventila a sua vida na praça. Isso nom sucedeu jamais nem em dictaduras nem em democracias. Quando eu escuito alguém andar a berros pola rua co telefoninho da merda colado na orelha, acontece que me importa um caralho as conachadas que esteja a falar e com quem. Ao 80% deste país importam-lhe um caralho as nossas lérias, e vam-lhe importar menos quanta mais pornografia fagamos com elas.
Que quer que lhe diga, chama-se educaçom. E certamente se muita gente necessita de ver publicadas certas cousas para conhecê-las, como digem suso, apagha a lus, Marilus.
Muito intestino e que pouco neurónio. Nada, home, cainismo, U e anti-U, esses som os parâmetros dos que nom damos escapado.
3 Novembro 2010 ás 2:31 a.m.
Xa que é o fin farei unha excepción e serei breve abondo:
1º) Unha sincera aperta a todos.
2º) Pido disculpas se a alguén faltei nalgún intre (agás á impresentable de Lidia Senra, por suposto).
3º) Irei gustoso á cea de despedida.
4º) Sentidiño, moito sentidiño.
5º) Deica sempre
3 Novembro 2010 ás 11:22 a.m.
En xeral, estou em sintonia co que posta o opinador.
Por outro lado, o daniel avisa aos «cans»: «(Non saben o que lles espera)»… En fin, lenha ate o final…
E para rematar, reitero as minhas sinceras grazas polo trabalho desinteresado que figestes, como xa alguem mais escribeu aquí. Porém, en moitas ocasións non concordara co xeito.
Saúde.
3 Novembro 2010 ás 1:55 p.m.
Pois a ver que é o que «nos espera», eu gostaria de fazer algo mais que desbardalhar num blogue.
A ver que montades!
3 Novembro 2010 ás 3:13 p.m.
Estes dias onde se amostra o poderio do Tea Party… reflexiono:
Em trocas de organizar um partido novo (que seguramente nao teria êxito), decidem integrar-se no partido republicano e tirar proveito da sua estrutura…. E será isso mais efectivo de que a divisao constante em milheiros de correntes e partidos?? Penso, p.ex., no movimento ecologista dos EEUU que nao faz o mesmo no partido demócrata. Ou mesmo na constante divisao dentro da esquerda no nosso país…
Por outra parte, o trunfo agora (veremos no futuro) deve-se a apanhar uma ideia (o Estado nao deve entrometer-se nas vidas privadas…) e ir com ela até o fim. Nao entram em outros elementos que nao for o puramente economicista… uma ideia clara, poderossa, fácil de compreender e explicar…
Tiremos liçoes…
3 Novembro 2010 ás 3:27 p.m.
opinador…
eu nunca pensaria em falar de comumerdalhada… ou socialmerdalhada ou semelhante.
Eis o talante e a predispossiçao de bastantes mais de que gostaria no BNG. Realmente quere(i)s convencer, dar confiança, liderar a sociedade galega?
O primeiro passa-se por respectar, admitir e tratar como igual ao que pense diferente ou mesmo totalmente oposto. Ninguém é merda, nem pelo que pensa, nem pela sua opçao política, nem pela sua acçao. Os teus desqualificativos só sao comparáveis com o fascismo. Talvez sejam iguais. Mas, como bem narrou Rivas, «os libros ardem mal». Mágua para ti, talvez queimarias algumas merdalhadas.
Das minhas palavras nunca sairá um desqualificativo, sim debatirei e porfiarei opinioes, impressoes ou mesmo acçoes; porém, o respecto mutuo é prévio ao debate.
Constato uma e outra vez a crença em certos militantes (já nao sei se poucos ou muitos) do BNG em se crer por riba do bem e do mal. E aí, a sociedade, inteligentemente, nao quer ir.
Mais educaçao, menos ilustraçao. Essa máxima parez seguir ainda vigente.
3 Novembro 2010 ás 5:07 p.m.
Meendinho, primeiro de todo, se che faltei, que acho que nom, desculpas. Isso sempre. Segundo, igual que chamo as cousas polo seu nome, a mim o «movimento» ecologista parece-me ũa tomadura de cabelo espanhola cento por cento (estilo U), por isso chamei-na ecomerdalhada (de eco, comer, e merdalhada). A mim parece-me um desrespeito à sociedade muitas cousas, entre elas um partido ecologista alemâm que derivou num partido «pijo» e de direitas e que o demostra que está a recolher todo o eleitorado carne-de-canhom do fascismo dum FDP que afunde (eleitorado bem pouco esquerdoso, abofé, nem sequer no plano socialdemocratico ou socioliberal). Estamos a confundir marketing com realidade, isso é um problema da nossa sociedade, com efeito, mas é que penso que o tempo vai-se-nos entre as mãos.
Tens razom no que dis de cuidar a lingugem, tens toda a razom. Mas, já que estamos a falar em plano tabernário (ou polo menos alguns dos que postejam, nom tu), e mais ou menos em taberna, pois assim seja e pronto.
Por outras palavras mais ajeitadas: Galiza nom tem camadas sociais nem em número nem em qualificaçom para dar base a um partido ecologista. Nom as há em Euskadi, e na Catalunha simplesmente existem fora da marginalidade num eleitorado urbano de Barcelona com características específicas, realmente funcionando o partido como um abeiro de antigos Us espanholistas que baixarom algo, nem de todo, da burra. Para prova definitiva, nom tens mais do que ver o papel que figeram na Generalitat saínte, de ecopasma ecofostiando o pessoal.
3 Novembro 2010 ás 7:35 p.m.
Noraboa e grazas polo voso labor, que evidentemente non caiu en saco roto. É tempo de ser valentes e moita xente e ideas están esperando. Unha aperta forte a todas e todos. Gostei moito do blog, aínda que participei pouco lino regularmente desde a súa apertura. Todo un exemplo de entrega ás ideas e ao país.
4 Novembro 2010 ás 8:54 a.m.
#37 cada quem tira por onde lhe peta, coma sempre, agora, se hai que aprender algo dos americanos eu apanharia o de fazer primarias para todos os candidatos.
Se o BNG figera assim nom teria maior problema em ter 1, 2 ou 23 correntes internas, porque o que teria a ultima palavra seria o mlilitante (1 pessoa, 1 voto) e nom os mangoneos dos grupinho dirigentes.
4 Novembro 2010 ás 10:37 a.m.
#41 mas, e sou bem crítico com o BNG… somos o partido/fronte mais democrática das instituiçoes… fixa-te que nós tivemos primárias para as municipais e, em 2003/2004, para escolher o candidato à presidência da Galiza (Quin ou Camilo)…
Ou é que nos outros partidos nao há «grupinhos de dirigentes»??
Na verdade, após 10 anos de claridão… hesito… porque afinal a direita castelhanista/espanholista segue trunfante, porém a esquerda continua com batalhas fratricidas…. E nao será melhor sabedores que os dirigentes nao mudarao, tencionar ser xamã da nau e nao constroir outra? E nao será melhor poupar esforços inúteis em assembleias, juntanças…. e ir direitamente àquilo que nos permita ganhar poder no BNG? Ou, incluso, o por que nao, no PSOE? É mais útil o «desembarco» de militantes ativos no PSdG a jeito de «pólo de pressao» de que criar um novo partido? Ou mesmo será mais útil apoiar e alentar um novo partido de centro-direita galego?….
Antes tinha bem claro que só partilharia e adicaria esforços nalgo novo. Embora nesta altura…
4 Novembro 2010 ás 11:54 a.m.
#37 e #42
«Em trocas de organizar um partido novo (que seguramente nao teria êxito), decidem integrar-se no partido republicano e tirar proveito da sua estrutura…. E será isso mais efectivo de que a divisao constante em milheiros de correntes e partidos?? »
Nom sei, eu nom sou militante, nunca fum e a minha opiniom nesses assuntos vale bem pouco.
Parece que integrar-se no partido e tirar proveito da sua estrutura e mais sensato ca fundar um partido novo. Mas isso é o que tenta +G e nom consegue. Parece que a UPG está mais organizada e disciplinada ca o resto. Seja pola razom que for parece que eles nom duvidam, nom discutem o mando, acodem às assembleias e votam todos no mesmo sentido. Nós permitimo-nos o luxo de nom acudir e perder votações nas que temos teóricamente a maioria. Permitimo-nos o luxo também de ter este blogue e opinar todos de tudo. O qual é maravilhoso em termos democráticos, aprendemos todos muitíssimo, aclaramos as ideias, mas é discutível que uma organizaçom política poda competir com os partidos políticos actuais dando esta vantagem ao inimigo.
Montar um partido novo nom sei se será a soluçom porque suponho que rápidamente se criarão as estruturas burocráticas e de poder e estaremos outra vez na mesma. Começará com muita ilusom mas rápidamente aparecerão interesses de poder, económicos, etc. Passa em toda parte. Parece, segundo conta este blogue, que isso mesmo aconteceu em poucos meses em +G, ou está em caminho de acontecer.
Por outra parte, os do Tea Party som fanáticos, fomentam e aproveitam o medo do povo ante o futuro e o alheio, nom têm escrúpulos. Nom sei como vamos aproveitar nós essa estratégia sem cair também no fanatismo, porque as cousas têm o mau costume de serem complexas.
Talvez nom há opçom, se queremos ter poder há que pôr o cu, esquecer-se de matizes, correntes, open parties e demais e actuar como o faz a UPG, o Tea Party ou o PP: a toque de pito. E deixar os matizes e debates para as organizações civis, fundações, think tanks, etc.
4 Novembro 2010 ás 12:11 p.m.
Ou montar Esquerda Galega 2.0: sermos os melhores, os mais democratas, os mais inovadores, os mais justos, os mais clarividentes, os mais capacitados … e conformar-nos com o 5% dos votos. Porque a gente nom tem interesse em matizes.
No assunto das Pontes por exemplo. Curiosamente o PP e a UPG concordam. Botam a culpa a Madrid. É o fácil. É a táctica do Tea Party, a ideia simples: Madrid tem a culpa. Qualquer outro matiz ou consideraçom nom tem objecto. Agora vamos nós de listos a explicar que «sim, mas ….» e que conseguimos?: perder votos nas Pontes. Ficar com os votos da minoria galeguista e cultivada ou interessada nos assunto públicos, que sabe ou tenta entender posições complexas.
Alguns estão fartos de jogas às canicas e eu compreendo. Mas a alternativa é usar as armas dos equipos que jogam em primeira divisom de futebol.
Eu jogaria às canicas, mas nunca militaria em qualquer Tea Party.
4 Novembro 2010 ás 12:38 p.m.
[...] feito case se pode relacionar co adeus de Renovar o Bng blogue que teño que recoñecer que nin lin nin seguin. Por que? Porque desde o instituto teño por [...]
4 Novembro 2010 ás 2:05 p.m.
#44 O problema é que nin sequera chegarías ó 5% dos votos, mínimo imprescindíbel para ter deputados no Parlamento galego. Morrerías de inanición antes mesmo de nacer.
4 Novembro 2010 ás 2:31 p.m.
#42. Sim, como o de Quin e Camilo mas sempre, por exemplo Guilherme nom foi electo desse jeito, mas tanto tem, já está mas que falado… em todos os partidos há grupinhos de poder mas o sistema frontista é de conha, há 4 ou 5 mini-grupinhos, e acordos entre eles, vamos uma risa.
Tanto dá eu também nom sei que será o melhor mas militar num partido do que me avergonho nom, graças.
4 Novembro 2010 ás 8:24 p.m.
# 46
É provável que tenhas razom, mas qual é a alternativa?
Para políticos populistas já temos a Pepe Blanco e Louçã (o de Deputaçom de Pontevedra, nom o do Bloco de Esquerdas).
Fanáticos, sectários e burocratas temos na UPG para vender.
Se montamos um partido aberto, radicalmente democrata, justo e formado por dirigentes capazes e honrados nom chegamos nem ao 5%.
Por onde tiramos?
4 Novembro 2010 ás 9:48 p.m.
Filipe e compaña comunícovos, que tanto eu como a miña dona despois de meditalo moito démonos de baixa do BNG.
Roi Xordo quedas só ante o perigo, como na vella película do Oeste.
Sorte a todos, pero esta forma de facer as cousas non vai con nós.
Un saúdo.
4 Novembro 2010 ás 10:21 p.m.
#49 Aloitador.
1º) Síntoo ben.
Outros alédanse, e non só nun sitio, senón tamén noutro, coma ben podes imaxinar. Por iso inda o sinto máis.
2º) Gary Cooper ó final da película gaña.
4 Novembro 2010 ás 11:06 p.m.
Ei, aloitador e aloitadora, ao final non fai falta tanta roupa Quechua para travesías presuntas e apócrifas. A temperatura fóra é moi amena.
Non pasa nada.
Hai que ter confianza na xente e no clima do país.
Apertas e non deixedes de vir ao xantar/cea de decembro!
5 Novembro 2010 ás 2:25 p.m.
#51… mais bem vai frio dentro, dentro está muito, muito frio…. Mas, penso e repenso…. Há tanto espaço no voto branco, nao-voto, nulo… sem ter de apanhar do que já há?
E penso no que aconteceu na universidade (não extrapolável) na décade de 90… MEU vs. CAF. Afinal CAF ganhou, porque eram mais disciplinados, mais militantes, mais sectários, sim, mas isso implicava mais coerência, menos debates pelo poder e mais acçao conjunta… E toda a gente nacionalista da esquerda democrática nao-comunista ficou fóra. E a UMG que até o de entao nao tinha rem, passou-se a controlar todo um sindicato estudiantil e permitiu-lhe obter mais militância que doutro jeito igual nao teria. E tudo se tornou irrespirável, insuportável…
E se tivessem continuado nos CAF sem criar MEU? e se tivessem dado a batalha até o fim dentro dos CAF? Igual nao ganharia UMG ou nao teria tanto peso ou os novos militantes dos CAF nao conheceriam o nacionalismo através dos óculos da UMG e, seguramente, nao teriamos agora uma Ponton, Cela, Carreira, Vilameã, MAceiras et alii… ou nao com o peso específico que agora têm. E seguramente teriamos muitos que abandonaram o caminho ou que mesmo decidiram nao entrar ou que se foram para o PSdG ou EU ou….
E igual se passou no BNG… a organizaçao mais coerente, mais lógica foi Unidade Galega. Tanto que se auto-dissolveu… vaia com eles!!! E já sabemos que se passou… Leiceaga… ai, essa «promessa» da UG… porta-voz do PSdG. E nao o culparei, nem o qualificarei. Seguramente trabalha com mais liberdade que no BNG asfixiante de compostela. Terá limites, claro, mas mais que no BNG? NAo sei. E quantos outros ficaram no caminho por nao ter acubilho onde se gorecer das fauces desgarradas da UPG? Que teria passado de continuar UG quando a eleiçao de Camilo e quintana? ou de ter seguido a militância dos MEU nos CAF? Ou de nao ter abandonado GzNova tanta e tanta gente por nao querer partilhar com a UMG?
Agora penso que qualquer partido nasce com ideias boas, brilhantes, incríveis… mas desliga a luz no caminho… quando entra povo nele.. isso, precissamente, que nao quer a UPG porque quer ter o comando….
E porque nao artelhar «algo» dentro de +G, p.ex.? nao seremos mais úteis que criar todo novo? Penso nesse movimento que levou ao ZP (contra todo prognóstico, contra o próprio aparato -que defendia a Bono- até a secretaria geral)… e nao poderemos fazer igual? Marcar-nos uma agenda de ruta e esquezer o resto. Aglutinar gente arredor para defender pontos concretos?
Hesito…
5 Novembro 2010 ás 5:19 p.m.
Meendinho, o problema da U e outros como a U é que acham o seu «sucesso» na sua mentalidade, quando a chave do «sucesso» é a sua militante organizaçom. Qualquer um que se organize igual combate com as mesmas armas e o resultado já dependerá de muitos outros factores (obter avantagens estratégicas, sorte, acaso, força numérica…). Em certo sentido, têm mais «humildade» que outros porque reconhecem o valor da organizaçom perante o individualismo. Vivemos nũa sociedade terrivelmente individualista, burguesa, e essa deturpaçom da colectividade que fam alguns é avondo para ganhar.
Leiceaga está a pagar ũa factura diferente da que pagava antes, mas, o capitalismo é também a arte das custes ocultas. Nom deixo de surpreender-me que seja mais fácil abandoar… para passar fazer parte dum projecto mais ou menos igual de opressivo, mas, com mais «liberdade» aparente. A U som muitos menos e mais fáceis de ponher no seu lugar do que parece, o seu próprio jeito de fazer as cousas o evidência. Quem anda seguro das suas próprias forças nom dá hóstias.
Mas, é que a gente nom quer constroir sonhos colectivos, quer dar-se gosto de fazer os seus próprios, individuais, pequenos e miopes. Carrefour é muito mais vistoso que a tenda de arrabaldo, sem dúvida. Para mover-se polos corredores sem dúvida que há mais liberdade.
Os romanos arrasaram todo o mundo antigo com apenas dusa chaves: organizaçom disciplinada até a despessoalizaçom e guerra preventiva agressiva contra todo o mundo. Nom sei até que ponto podemos responsabilizar às pessoas polo fascínio que exerce o culto ao método.
Paquito el Chocolatero é um exemplo bem triste do que é este país. Um adicto ao trabalho que se mata para fazer nada (como nom seja autojustificar-se subconscientemente), que negócia co seu pior inimigo que quereria enterrá-lo (e talvez o faga) para esmagar aos seus adversários e que, inda por acima, acha que está em posse da verdade absoluta, e que os demais ficamos cegos e mesmo nem sabemos o que nos convém, todo o mundo é um instrumento. Um retrato robot de tantíssimos neste país. Com tanta auto-fe, depois é normal cousas como o de ANT.
Como for, a soluçom está nas nossa mãos. Em plural. Eu acabo por concluir que realmente o que interessa é entregar-se ao próprio intestino, senom, nom é possível entender tanto minifúndio físico e mental.
5 Novembro 2010 ás 7:05 p.m.
Bo traballo.
Parabéns e gracias desde a periferia por dar unha canle na que poder cuestionar o estabelecido a lume.
Vémonos.
Ciao
5 Novembro 2010 ás 8:11 p.m.
Meendinho: o problema está en nós. Non somos serios. Non somos de fiar. Somos minifundistas ata médula. E síntoo, pero non, non e un milleiro de veces non: ¡non queremos a este País!; estamos, pola contra, enfermizamente namorados de nós mesmos. Ese é o problema do polo do BNG alternativo á UPG ou anti-UPG.
E así marchan día si, día tamén, os desertores. Respétoos, pero non comparto a súa actuación. No que a min atinxe coido que deben facer xa, pero xa significa xa, un novo partido e demostrarnos ós demais que tiñan razón. Eu serei o primeiro en recoñecelo humildemente, de se dar o caso. Só pido, en xusta reciprocidade, que cando naufraguen, eles tamén saiban recoñecer, con igual humildade, que estaban trabucados. E que outra vez fixeron que perderamos todos unha nova oportunidade (como na transición). O seu enfado, non inxustificado pero si pueril, estragou novamente as poucas oportunidades que nos dá a historia. Noraboa logo.
5 Novembro 2010 ás 9:21 p.m.
Roi xordo, sin quitarche parte de razón, e como xa temos falado deste tema, vou dicir algúns dos motivos que nós levaron a deixar o BNG,
Non só e por culpa da U, senón dos outros xa que non vimos unha forma de actuar que fixera posibel o cambio, os primeiros por que son como son e os segundos por que tamén son como son. Eu por desgraza vivo de realidades, non vivo de esperanzas, e visto o visto ter esperanzas de que haxa un troco no BNG, máis que esperanza, e ser un pouco iluso ou idealista de máis, cousa que admiro nos que quedades e seguides a ter unha ilusión.
Penso que o BNG esta abocado a ser unha mera comparsa dos outros grandes partidos, e por méritos propios, ogalla erre na miña apreciación, xa que sigo a pensar que o nacionalismo realista fora de dogmas comunistas ou outras, é necesario para a nosa terra.
O BNG perdeo parte do seu electorado cando deixou de dar solucións aos problemas da xente, e se encerrou nas suas batallas, e na sua pureza, estase a ver o BNG como algo alleo de catro iluminados, unha mágoa xa que hai xente que aínda queda dentro que esta moi al día, o que pasa é que non e ben vista polos de sempre xa que a xente normal ten o seu propio criterio, e non fai seguidismo de ninguén,pode aceptar unha disciplina de partido pero perder sempre cansa, e eu nunca tiven alma de mártir, e que me esten dendo labazadas día si e día tamén, non vai conmigo.
Un saúdo e sorte no voso proxecto político. Xa que agora non é o meu.
P.D. Non gardo rencor a ninguén, mais si moita decepción de moitas persoas, que pensaba que eran iso, persoas.
5 Novembro 2010 ás 11:24 p.m.
#56 Aloitador.
1º) Non me tes que convencer, xa que estamos dacordo no 90%.
O 10% de discordancia radica en que se cadra quedando dentro non se consiga nada, pero dende logo marchando fora inda se consigue menos.
O único -en realidade- que se consigue é darlle polo gusto a quen goza coa túa marcha. E iso, persoalmente, endexamais.
2º) Eu non teño nin ilusión nin esperanza. Hai ben tempo que as perdín, por desgracia.
Pero tampouco vou caer na desilusión ou na desesperanza. E moito menos sen con sio lle dou polo gusto a quen me quixera ver en tal estado. Ou se con tal estado se beneficia quen eu non quero que saque partido algún.
3º) Ben sei que non marchas só pola U, pois hai outros que son máis ou menos igual de sectarios e ególatras, e inda hoxe non aprenderon nada das súas derrotas. EN fin…
… pero non debestes marchar.
Unha aperta ós tres
6 Novembro 2010 ás 12:25 a.m.
A verdade é que lendo os últimos comentarios penso que poder haber futuro no nacionalismo galego. Certamente non no Bng, polo menos neste Bng, que nada ten a ver co que existía hai uns anos. A decisión sobre o futuro do bng ten que ser xa, ou vivemos xuntos ou xa imos as eleccións por separado. Nada de perder o tempo. TAmen sería bon saber o qeu quere cada un, se unha refundación da esquerda, unha socialdemocracia integradora ou… ser candidato no 2014 a calquera prezo. Con honestidade e clareza, definámonos!!
6 Novembro 2010 ás 12:43 p.m.
Eu acho que este BNG é exactamente igual se me apuram que o de 1982, e mesmo as diferenças co PSG-EG, UG ou quem se quiger som anecdóticas. Nem mudarom as pessoas (entrem ou salgam), além da renovaçom biológica forçada (faltam quem morrerom, som novas quem nascerom), o que mudou é, naturalmente o tempo. Todo isto era previsível, nom inevitável (isto que está a passar já muitíssima gente o dizia em 1990, ninguém queria ouvir). Intestino power, abaixo o neurónio… que frase histórica me lembra isto? xD E, naturalmente, viva o minifúndio!
8 Novembro 2010 ás 3:23 a.m.
[...] liorta local efémera do PP, tece redes lexitimantes na relación internacional. Da outra banda, o editorial derradeiro nun blog provoca innegable expectación logo de vinte meses e millentas entradas ou lecturas. Uns e [...]