Historia dunha traizón
2 Setembro 2010Comezos de setembro de 2009. A UPG perde, por primeira vez na historia, unha votación no Consello Nacional do BNG. Uns días despois, encóntranse Xosé Manuel Beiras e Carlos Aymerich tête-à-tête, xuntanza que xa estaba programada previamente pero que casualmente coincidiu no mellor momento posible. O obxectivo da xuntanza é claro: restablecer as relacións deterioradas durante a Asemblea Nacional de maio, e explorar as posibilidades de interlocución de cara a promover unha mudanza no estado de cousas no BNG.
Finais de setembro de 2009. +Galiza (daquela, +BNG) e o Encontro Irmandiño establecen un canal de diálogo estable, formado por tres persoas de cada organización. As reunións foron mantidas en sixilo durante meses, até que no inicio do proceso de primarias transcenderon e chegaron ao coñecemento da UPG.
Na primeira desas reunións, celebrada no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela, participaron Mario, Constenla e Palleiro polo EI, xunto a Aymerich (substituído, nas seguintes xuntanzas, por Antelo), Táboas e Bascuas por +Galiza. Desde o comezo fomos sabedores da existencia deses contactos, que non publicitamos para non estragar a confluencia entre +G e o EI, xa que a nosa visión do que debería ser o BNG pasa exactamente por aí. Lamentablemente, hai tempo que os tiros deixaron de ir por aí, a pesar dos esforzos do EI, que non encontraron reciprocidade por parte de +Galiza: a alternativa Hémon & Antígona asustou a moita xente que non ten nin a xenerosidade nin a coraxe suficientes para enfrontar os tempos que nos toca vivir no BNG, no nacionalismo, na esquerda e no país; e outros, que si as teñen, carecen da lucidez para ver e interpretar as manobras que se realizan diante dos seus ollos.
Pois ben: naquela primeira xuntanza de hai case un ano, +Galiza e o Encontro Irmandiño acordaron apoiar conxuntamente a celebración dunha Asemblea Nacional ordinaria do BNG en 2010, proposta que recuperou o propio Carlos Aymerich no discurso de clausura da Asemblea Constituínte de +Galiza celebrada o pasado 21 de novembro.
Porén, nas semanas seguintes todo mudou. A UPG moveu ficha -non revelaremos os detalles por agora, e só o faremos se se nos obriga- e os alcaldes de +Galiza foron utilizados como coartada e como dique para xustificar o incumprimento do acordo adoptado co Encontro Irmandiño. A verdade verdadeira é que, en xaneiro, o hard core de +Galiza xa decidira traizoar o compromiso adquirido, aínda que a escenificación ritual se deixou para o último momento.
Nunha mostra de xenerosidade na que tivo moito a ver a visión estratéxica de Xosé Manuel Beiras e a interlocución de Teresa Táboas, mesmo despois diso os irmandiños apostaron por candidaturas conxuntas con +Galiza, que impedisen a hexemonía da UPG nas cidades que non controlaba. E o que fixo +Galiza? Aproveitar a división interna en Ourense e na Coruña, motivo último da derrota en ambas cidades, para impedir a emerxencia de alternativas á UPG que ao mesmo tempo resultaban moi incómodas para a dirección de +Galiza; e, como guinda, chegar a un acordo vergonzante en Santiago non consensuado previamente co EI, aínda que isto último fose froito da improvisación e non dunha vontade de estragar as relacións co EI -grupo que, pola súa vez, fixo un papelón en Vigo ao servizo da UPG, mais que globalmente se comportou de xeito exemplar.
A vitoria total da UPG nas primarias urbanas non foi celebrada só na Avenida de Lugo: non foron poucos os que, dentro de +Galiza, deron un pulo no seu foro íntimo mentres facían cara de circunstancias para a foto. Uns e outros estaban pensando en 2011… e non no mes de maio, precisamente.

2 Setembro 2010 ás 6:43 p.m.
And that’s all, folks! By now…
Non daremos máis detalles, por responsabilidade. Estamos seguros de que sabedes ler nas entreliñas. E se ides ao calendario do blog e reledes algunhas das cousas publicadas nos momentos aludidos no post, seguramente a comprensión será máis cabal e completa.
Saúdos.
2 Setembro 2010 ás 6:58 p.m.
De todos modos grazas pola información.
Vamos que +G é outra estafa mais o servizo do establishment fedento bloqueiro. Un para chegar a candidadto co apoio do papa, outros para amarrar a alcaldia. Onde queda en todo esto o chamado despectivamente «lobbie do igea»? Carlos Amoedo apoia estes escritos?
Incrible como é capaz a UPG de intoxicar e anular cos seus peóns «independentes» todo aquilo que se organiza a marxe de «El partido»
A ostia nas municipais vai ser de órdago. E a maioría do PP, de película.
2 Setembro 2010 ás 7:15 p.m.
E logo «EI -grupo que, pola súa vez, fixo un papelón en Vigo ao servizo da UPG»…
Filipe, explícate que non entendo nada….., en Vigo houbo unha dinámica propia, como sempre, e menos mal senon ficariamos cunha lista lamentábel (por moito que se lamenten Oscar de Lis e cia)
2 Setembro 2010 ás 7:38 p.m.
Despois dalgún tempo sen pasares por aquí, atopo agora isto. Só teño que dicir que non me sorprende; é máis, agardaba algo así. Algúns sospeitabamolo. Qué diredes os pros +Galiza? Terán algúns os coll… de recoñecer o seu erro?
Penso que non.
2 Setembro 2010 ás 7:43 p.m.
Manda carallo!
E agora disparando contra vós mesmos…Varias cousas:
A decisión de que non houbera Asemblea Nacional non foi tomada polo núcleo duro de +G, senón no seu Consello Político Nacional a partires dunha intervención dun «cadro medio», curiosamente. As decisións foro tomadas por unanimidade. Mesmo toda a xente da túa comarca.
E outra cousa, Filipe: paréceme un pouco de traca o teu. Agora que xa non es candidato e non podes optar a ningún postiño, adícaste a intoxicar de xeito deliberado…Senón queres estar no BNG, marcha. Tes todo o dereito do mundo, pero non andes levatando merda, porque en +G aínda cremos (si cremos) noutro BNG, e estamos a traballar por e para iso.
Saúdos
2 Setembro 2010 ás 7:49 p.m.
Alguén pode informar sobre os rumores das conversas entre Aymerich e Paco Rodríguez no que este lle daba o liderato do BNG a aquel a cambio de manter a política dos últimos meses en +Galiza?
Aymerich, co seu afán de poder, sería capaz dese pacto?
2 Setembro 2010 ás 8:10 p.m.
si, non cabe dúbida, a culpa é da UPG
2 Setembro 2010 ás 8:53 p.m.
Antes das municipais un bo amigo meu xornalista xa me advertira desta maniobra. Eu que peco en exceso de inxenuidade non quixen crelo daquela, máis agora comezo a ter serias dúbidas, e a plantexarme se realmente merece a pena seguir militando nesta corrente. Vou agardar a ver cara onde tira isto, máis teño claro que +Galiza era a derradeira esperanza para crear un nacionalismo útil, de non ser así paserei de facto a convertirme nun simplre simpatizante, que non militante non so da corrente, senón tamén do BNG. Sería unha verdadeira mágoa e decepción para min ter que tomar unha decisión dese calado despois de tantos anos militando no BNG, forza na que sempre confiei e na que aínda o fago malia andar coa mosca detras da orella….
2 Setembro 2010 ás 9:03 p.m.
#5 aspartamo:
Dúas cousiñas, como ti mesmo dis. Ou tres:
1. Dis: «A decisión de que non houbera Asemblea Nacional non foi tomada polo núcleo duro de +G, senón no seu Consello Político Nacional a partires dunha intervención dun “cadro medio». O vello truco de levalo todo cociñado, poñer un home-de-palla para dicir aquilo que os notables non queren que conste no seu curriculum e forzar unha unanimidade artificial, facendo que quen se sente en minoría non leve adiante a súa postura para non chamuscarse.
2. Segues: «E outra cousa, Filipe: paréceme un pouco de traca o teu. Agora que xa non es candidato e non podes optar a ningún postiño, adícaste a intoxicar de xeito deliberado…» Contar a verdade non é «intoxicar», até onde eu sei. Que incomode, xa é outra cuestión: pero só incomoda a quen ten o que ocultar, o cal non é o meu caso.
E para demonstralo, cóntoche algo que seguramente non saibas. Non estou nisto para ter ningún «postiño»: (a) desde que se formou +G na Coruña, había unha posición unánime sobre quen debería ser a nosa persoa de referencia a nivel local para estas lides, persoa que non era eu; (b) traballei por +G arreo, especialmente a nivel comarcal e local, sen ningunha expectativa de postiños; (c) cando a persoa que se prevía sería candidata desistiu, eu presenteime para representar o colectivo, nesa altura dividido polas manobras de quen só quería un postiño para si mesmo e para beneficiar os intereses do seu padriño; (d) fixen parte dunha lista, conxuntamente co EI e co tellismo, que non negociei persoalmente, e fíxeno en nome de +G, asumindo os compromisos asinados polos seus representantes; e (e) presenteime dentro de +G cun programa de actuación (baseado en 2 eixos: converter A Coruña nunha illa dixital e pór en práctica unha nova política lingüística), que non puiden defender porque a candidatura na que me integrei renunciou a presentar un programa.
Por certo, podería ter optado a outros «postiños» orgánicos e nunca o fixen, por se non o sabes. Nin sequera cando me foron ofrecidos.
3. E conclúes: «Senón [sic] queres estar no BNG, marcha. Tes todo o dereito do mundo, pero non andes levatando merda, porque en +G aínda cremos (si cremos) noutro BNG, e estamos a traballar por e para iso.» Se debo marchar do BNG e cando, é algo que deberei decidir eu, non ti, dito sexa co maior respecto. E non «levanto merda», senón que me limito a darlle á xente datos sobre a quen están apoiando e para que: a partir de aí, que cada quen tire as súas conclusións, que todos imos sendo maiorciños. Sobre se ti cres noutro BNG, é ben posible: só sei que moitos dos que din traballar por outro BNG só están a facelo para si mesmos.
Saúdos.
2 Setembro 2010 ás 9:26 p.m.
Dios, Filipe!!! Si que cargaches as pilas nas vacacións!!
2 Setembro 2010 ás 9:57 p.m.
joder que ansias de poder.
salud y republica
2 Setembro 2010 ás 10:04 p.m.
a ostia, vaia banda………..estades tolos, tolos perdidos, con vós non hai nada que facer
VIVA O BNG, ADIANTE CO BNG
Porqué non te tiras da Ponte de Rande? Filipe, Filipe
ou fai dunha vez o que fixo o de Compostela e pasate ao PSOE e deixanos en paz
A culpa fue del cha-cha-cha
2 Setembro 2010 ás 10:42 p.m.
Eu creo, sinceramente, que os «tiros» non van por aí. De feito Filipe, a UPG é quen se está frotando as mans con todo isto.
O que supostamente pretendes,que é?? Renovar o bng? Pois está facendo xusto o contrario. Estás a intentar dinamitar e fragmentar todo ese movemento…con que fin?
2 Setembro 2010 ás 11:00 p.m.
#12 ourensan, con permiso de Filipe e sen intención de facer de madraza:
Como todo o mundo sabe -supoño-, os foros de internet, blogs e redes sociais están cheos de comunity managers do P$O€ para gañar uns cantos votos, ou que outros grupos políticos poidan perdelos. Ás veces tiran man do ridiculismo para dar unha imaxe absurda dos outros partidos e reforzar así a suposta posición de equilibrio do P$O€
Vendo os teus post, cabreado, dicindo disparates, insultando, e vendo tamén esa manía que tes de meter a xente do BNG no P$O€, teño serias dudas de que non sexas en realidade un axente dese partido que quere dar unha imaxe dos militantes /simpatizantes/ votantes ou interesados polo BNG, de tíos pasados de voltas. E como se non o digo revento, digoo.
2 Setembro 2010 ás 11:11 p.m.
Eu voto pola expulsión de Filipe Diez do BNG
2 Setembro 2010 ás 11:44 p.m.
Para Diez,(o Filipe non a Rosa), e que non vai a dicir alguen que tanto ten.
Teñoche que dicir aquelo de sempre «esto xa cho sabía eu», e teño testigos.
Rapaciño ti sabes moito, pero es moi noviño, e notaseche «cantidá».
Deica o proximo invento.
2 Setembro 2010 ás 11:44 p.m.
Moi interesante. Habera q releelo con atencion, xo a primneira vista vexo descalabro no 2011 e Aymerich candidato no 2013
2 Setembro 2010 ás 11:49 p.m.
Postos a votar por expulsións eu pídome a de Paco o visionario. Veña home ¿parécevos pouca a xente que xa botástedes?, Hoxe quedan moitos máis fora ca dentro. Ides camiño de conseguir un BNg extraparlamentar cheo de puros e castos….
2 Setembro 2010 ás 11:51 p.m.
Si, penso que o mellor é aplicarlle a Filipe a dose definitiva de estalinismo!
En fin,Filipe, obrigado polos post. Moitos xa comentamos (ou deixamos caer algo así) a algúns dirixentes de Máis Galiza,incluso en asembleas, sobre todo despois da do «éxito» das primarias e dos «grandes acordos», sobre todo por quen foron feitos, en Vigo e Compostela.
O que acontece é que a xente non é parva de todo e non vai pasar por máis enredos deste tipo, porque para militar na miseria partidaria e na marxinalidade política, hai sitios de fóra.
O lavor deste bloque para renovar o bng, pese a quen lle pese, segue as ser do mellor en case tres décadas do BNG. E que a liberdade de expresión dun bloque faga tremer os cimentos dunha organización como o BNG xa o di todo.
Iso, graciñas e a seguir.
O que acontece é que
3 Setembro 2010 ás 12:56 a.m.
Filipe deberíades de escribir un guión de cine con estas historias, sería unha mistura entre O padrino e unha peli de Ben Stiller. XD
Noutro orde de cousas sorprendeume a nova dirección do blogue nestas dúas últimas entradas non pensei que fórades tan duros cos Aymerich boys, pero é algo que vos precia máis se cabe.
A verdade é que cada vez pintan as cousas pior é descorazonador para o votante medio do nacionalismo parece que non hai esperanza. Diso podería tratar unha das próximas entradas do blogue, de feitos, datos e opinións para a esperanza. Ahí tendes unha tarefa para este curso.
3 Setembro 2010 ás 2:19 a.m.
A cruña eu creo que no bloque xa non hai experanza.
3 Setembro 2010 ás 2:23 a.m.
É evidente que o Filipe Diez non está aquí por un carguiño…Se cadra por iso alguén pide que marche. Eu desexo que siga. É ar fresco; democrático, republicano e transformador. Cantos destes hai no BNG?
3 Setembro 2010 ás 2:32 a.m.
Alexandre, afírmase que a crise é unha oportunidade de muda, de reflexión, de adaptación. Tiremos da crise conclusións e deseñemos estratexias que nos adapten ás novas realidades e que nos permitan transformalas. Quizais esta crise no BNG e o fracaso electoral sirvan para empurrar os cambios que este blogue trazou desde a súa aparición. As xornadas de setembro son unha grande oportunidade. Has ver !!! Sei que andamos pillados de tempo mais has ver !!! Todo o traballo feito polos administradores desta xanela dixital así o indica. Olla os post elaborados. Non temos que ter esperanza?.
3 Setembro 2010 ás 9:08 a.m.
#15: Que empece a purga xa! Ata que non quede no BNG ninguén máis co Paco Zarzuelas e os seus compinches
3 Setembro 2010 ás 10:13 a.m.
Vou tratar de ir por orde:
1. Antes de mais, quede claro que comparto desde a primeira até a última liña a responsabilidade (política e persoal) polas dúas entradas sobre o comportamento de +G. Non somos persoas que frecuentemos a improvisación en temas importantes. Antes de publicar, partillamos o enfoque de cada unha das entradas, con independencia de quen sexa o encargado de redixilas.
2. Os ataques personais a Filipe Diez – como por exemplo, a acusación de que se move por un postiño, que é un submarino do PSOE, etc. – son ataques que os tres redactores deste blog facemos noso, como levamos facendo desde que, hai vinte e un anos, nos coñecemos no local do BNG da Coruña.
3. Nada nas entradas comentadas pode ser entendido como un ataque persoal contra ninguén, e menos contra quen temos por amigo desde hai tamén case vinte anos. Sabemos perfectamente que Aymerich non se vende por un prato de lentellas. A súa altura moral e militante está fóra de toda dúvida. Ora ben, a responsabilidade política, e mesmo o noso propio sentido da amizade, nos obriga a dicer – e escoitar – cousas que non sempre agradan. Do mesmo xeito que non cabe confundir a boa amizade coa idolatría ou a adulación, así tampouco cabe confundir a disciplina coa lexítima crítica que nos asiste como membros dunha organización, +G que vai camiño de reproducir, máis unha vez, os enormes erros que no seu día deron lugar ao seu nascemento.
4. Levamos moito tempo calando os nosos motivos de discrepancia con +G, tanto a nivel táctico como estratéxico, e tanto a nivel nacional como comarcal ou local. Non se nos pode negar a nosa fidelidade e entrega a un proxecto que arrincou en marzo de 2009, e ao que – moi especialmente Filipe – adicou un xenerosísimo esforzo. +G debe moito a Filipe e ás páxinas deste blog, e nunca se nos ocorreu pedir nada a cambio, porque – ainda que non o creades – non nos move o máis mínimo interese persoal de acceder a non se sabe que postos presentes ou futuros (de facto, o que o manual aconsella encarecidamente neses casos é quedar quietiño na casa con cara de obediente). Porén, a nosa maior fidelidade e o noso maior esforzo no último ano e medio non foi a +G, senón a renovar o bng tomándose a serio a súa militancia e tomándose a serio o país que temos diante no ano de 2010. Máis que deprimente, resulta particularmente indignante escoitar a todos os que están todo o dia instalados na conspiración faccional continua contra o viciño do lado – e aquí hai que incluir nomeadamente á U e a +G – encher a boca coa palabra UNIDADE, mentres se lapida a quen, a peito descuberto, insiste unha e outra vez en informar á militancia, desde a consciencia de que ASÍ NON IMOS A NINGURES NIN COMO ORGANIZACIÓN POLÍTICA NIN COMO PAÍS.
5. A programación dun acto para o día 18 por parte de +G é a mostra máis evidente da preocupación que existe polo éxito da xornada de debate, e pon de manifesto a existencia dunha necesidade política que a cúpula +G nin sente nin – o que é pior – consente, á imaxe e semellanza da UPG: a da reflexión estratéxica. Neste momento, a folla de ruta de +G segue a ser o mesmo curtopracismo do inicio, o regate en curto, a recruta de militantes e alcaldes, e todo o que os post indican. En definitiva, un programa político de facción, carente de ambición, destinado a apuntalar os piores vicios do BNG, que dilapida o caudal de ar fresco que motivou o seu nascemento.
Precisamente por iso, consideramos necesario lanzar a «historia dunha traizón»: para que os propios militantes do BNG sexan conscientes do que hai.
Sen eufemismos, colorantes ou conservantes.
Que cada pau treme da súa vela, e que cada vela treme dos seus paus.
3 Setembro 2010 ás 10:29 a.m.
Desde a discrepancia as veces e outras non, moito ánimo e seguide facendo estas vosas aportación ao debate.
Neste momento necesitamos unidade, pero non desde o silencio, senon desde o debate claro e nidio, e non prexuizoso: o importante é o QUE, non QUEN o digo. E nesto vós, como tod@s, pecades ás veces. E niso si que tedes que rectificar.
O BNG naceu plural, baseado no recoñecemento de tod@s, e na valoración d@ militante por encima da sua adscrición partidaria ou ideolóxica interna. Ou volve ser iso ou morre…
Saúde, Patria e sentidiño
3 Setembro 2010 ás 10:34 a.m.
#12 ourensán: porque non te tiras ti da ponte do milenio? esa ponte tan bonita que tendes do PP. Vós si que tendes delirios políticos: reunións coa calaña do PP no local comarcal, crear unha nova corrente ideolóxica nacionalista de esquerdas co Marianismo, traer ao Alejandriño Sanz a dar un concertasoo, o suposto caso de Aspanas, subvencionar equipos de fútbol “de base” fascistas, 70.000 euros para os Suaves, … que máis ourensán?
3 Setembro 2010 ás 2:00 p.m.
#26. Xa falou o papa de Roma.
Abúrrenme moito os consellos do avó. Pero que sabedoría ten este señor enchouypado de paternalismo rancio?
3 Setembro 2010 ás 2:19 p.m.
Super, o teu eche de diván, vas contra o Pai, ao fin deiche a vida, o nick, e claro tes que negarme para te afirmares…interesante
3 Setembro 2010 ás 3:40 p.m.
Que triste. Non sei que me da máis pena: os traidores ou os traizoados. Cando menos, estes últimos sempre tiveron a posibilidade de non ser traizoados nunca mais, pero non o fan. (?)
A min traizoaronme unha vez e non o farán máis. Os afiliados do BNG na comarca da Limia, aos que consideraba compañeiros, ameazaron a outros, tamèn supostamente compañeiros, para que apoiasen as súas listas. Lembrades aquela primeira elección de delegados? <Nunca máis Quen traizoa a un compañeiro non merece ser considerado tal.
Pero, porque outros non seguen o mesmo camiño e permiten que, unha e outra vez, sefaban manobras dentro dun grupo, no que s supón -entre outras cousas, porque o obriga a lei e non facelo sería motivo de disolución (please, que a Fiscalía tome nota)- todos somos iguais, temos os mesmos dereitos e oportunidades e as decisións acádanse democraticamente.
Sinceramente, penso que aguantades ahí coa vaga esperanza de ocupar o lugar dos outros e sometelos como hoxe vos somenten a vos, o que me fai pensar que a diferencia entre uns e outros non é tanta.
3 Setembro 2010 ás 5:21 p.m.
Chegados aqui só me reste dizer que os caminhos do BNG som inescrutáveis.
12 Setembro 2010 ás 4:29 p.m.
[...] a esperanza blanca -ese político con voz de pitufina- parece esbaecerse entre acusacións de traición!, ninguén acaba por dar un paso decisivo. Os dirixentes críticos co BNG sufren tal [...]