«A Nosa Terra» desaparece dos quioscos do país
31 Agosto 2010A partir deste xoves, 2 de setembro, o semanario «A Nosa Terra» deixará de distribuirse nos quioscos galegos. Con iso, pérdese a cabeceira histórica do nacionalismo galego.
A partir deste xoves, 2 de setembro, o semanario «A Nosa Terra» deixará de distribuirse nos quioscos galegos. Con iso, pérdese a cabeceira histórica do nacionalismo galego.
Por un BNG de futuro e con futuro é outro habitante da Blogaliza correndo
WordPress
Anotacións (RSS)
e Comentarios (RSS).
Tema deseñado por Andreas Viklund | Portado por Matteo Turchetto | Traducido por ECasLo





31 Agosto 2010 ás 1:19 a.m.
Quedo sen palabras….non sei si esto xa se sabía, pero paréceme unha noticia tristísima…
Entendo que a era dixital leve por diante moitas cousas, pero sendo tamén un país de tabernas, onde este xornal era bastante lido (sobre todo nas cidades, polo menos nalgunhas) pérdese unha ocasión para achegarse ao público que ainda non manexa as ferramentas dixitais.
Imaxino que na rede non deixará de existir, porque logo do peche de Vieiros, sería un batacazo aínda maior.
31 Agosto 2010 ás 7:19 a.m.
[...] “A Nosa Terra” desaparece dos quioscos do país renovarobng.blogaliza.org/2010/08/31/a-nosa-terra-desaparece… por Socram há 2 segundos [...]
31 Agosto 2010 ás 7:44 a.m.
Agardamos que na avenida de lugo non se estea a celebrar,como acobteceu co peche de vieiros.you know!
31 Agosto 2010 ás 8:41 a.m.
Hostris!!! Ni idea de que aún existiera. La estudiamos en el cole y bla bla bla pero ignoraba su existencia completamente. Es más, no recuerdo haverla visto jamás. Compro el National Geograpic y una revista de informática por lo que descartamos que sea lector de Marca o similar.(ni interés que tengo)
31 Agosto 2010 ás 8:47 a.m.
Puff!! Qué mal escribo en algunas ocasiones…
31 Agosto 2010 ás 12:11 p.m.
Caro «Josito», não pretenderás que tua vil ignorância possa ser medida de nada.
31 Agosto 2010 ás 2:06 p.m.
Parabéns ao quintanismo, a filipe díez, a + Galiza e a ao seu patrocinador Jacinto Rey por cargarse a única cabeceira en galego e mirar para outro lado ante as chamadas de socorro de Vieiros. Iso si, temos o Xornal de Pepinho Blanco e este blog para por podre a UPG.
31 Agosto 2010 ás 2:37 p.m.
¡Viva a UPG, manque pierda!
31 Agosto 2010 ás 2:45 p.m.
Carlitos:
1. Nom é a única cabeceira em galego. De facto o único DIÄRIO em galego é Galicia Hoxe, e ainda sendo do Grupo Correo, em algumhas cousas era bem mais nacioanlista que ANT ultimamente…
2. Já lhe gostaria a Filipe Díez ter a capacidade de tumbar um periódico, nom crês?
3. Que dê explicaçons o prepotente de Eyré, siareiro de «la roja» e despedidor de independentistas da redacçom de ANT.
4. Afinal mira em que remata tanto patriotismo rendível e empresarial: no feche de todo. Tanto denigrar o militantismo, e afinal os únicos projectos que seguem em pé som aqueles nos que ninguém leva um peso, como o Novas da Galiza (que vai cerca do nº 100), Diário Liberdade, Galizalivre.org (que deve levar quase 10 anos…)
5. A qualidade de ANT ultimamente limitava-se ao caríssimo papel a cor: investigaçom zero, conteúdos sociais zero… Era umha revista mais bem literária.
6. A todos aqueles que pugérom o seu lucro por diante de manter em pé o cabeçalho histórico do nacionalismo, e polo tanto património de TOD@S, ham passar a história como o que som.
31 Agosto 2010 ás 3:24 p.m.
#9
concordo nalgumas cousas, mas…
1. o problema de um jornal é que resulta muito difícil de manter de não teres claro o teu público objectivo.
2. Desconheço se o Eyré é seareiro de «la roja» e, também, se isso for algum problema irreconciliável com ser nacionalista.
3. Os exemplos que indicas são muito loáveis, mas irrelevantes socialmente. O relevante do que está a acontezer com vieiros, chuza, a nosa terra e veremos mais (xornal, a peneira…) não radica na vontade de pôr o lucro por diante, mas da irrelevância social que o nacionalismo tem. Na hora da verdade temos uma capacidade de mobilizar gentes mínima.
Talvez o problema estea em intentar abrir uma cabeceira nova e não mercar alguma já existente. P.ex.: por que não criar um processo de aportações populares co objecto de fazer-nos com parte de alguma cabeceira local com problemas económicos (la region, progreso, diario de pontevedra, arousa, faro de vigo…). Isso talvez seria mais relevante que abrir novas cabeceiras.
Mas, e isto acontez como no caso de abrir uma escola privada de ensino em galego que uma boa parte do nacionalismo (nem só a UPG -mas seguindo as suas consignas consciente ou inconscientemente-) não acredita no poder que a sociedade civil tem quando não a podem controlar.
Quantos não estariam dispostos a oferecer quantidades (entre 50€ e 1000€) para apuntalar um projeto que compre alguma cabeceira?
31 Agosto 2010 ás 3:31 p.m.
[...] El semanario “A Nosa Terra” desaparecerá de los quioscos renovarobng.blogaliza.org/2010/08/31/a-nosa-terra-desaparece… por Apalpador hace 2 segundos [...]
31 Agosto 2010 ás 3:39 p.m.
[...] » noticia original [...]
31 Agosto 2010 ás 5:37 p.m.
Será posible que nin sequera cando o nacionalismo (e, en xeral, a esquerda alternativa) vai ficando sen medios de comunicación e sen espazos sociais públicos, mesmo neses momentos fatídicos o primeiro que fan algúns, antes de refletir, é lanzar acusacións a distra e sinistra!!!
A esquerda deste país necesita ser reconstruída, e non valen para iso vellas receitas. Pero, sobre todo, o que non vale é o cainismo, o revanchismo e o pim-pam-pum gratuito: quen queira entendelo, terá futuro; quen non, ficará nas trincheiras da historia, disparando contra todo e contra todos, errando constantemente de inimigo, sacrificando soldados e desperdizando munición. E se alguén pensa que detrás destas miñas palabras hai unha referencia a unhas siglas concretas, erra; e erra por leguas.
Debatamos con seriedade, por favor. E cun mínimo de lealdade e de respecto -se non polas persoas, polo menos pola verdade.
31 Agosto 2010 ás 8:32 p.m.
Moitos semella que vos alegrades desta desaparición (aínda non confirmada totalmente, agás nesta semana). Pregúntome cántos dos que tanto criticades mercábades algunha vez ANT (2 euros á semana, o prezo dunha caña) ou mesmo outras cabeceiras en galego, ou cun porcentaxe alto de galego (Xornal). Cos erros que tivera ANT, nos os fan merecentes de desaparecer do mapa. O problema é outro (aparte da crise xeral, e do peche do grifo da publicidade insitucional, agás coa Voz e demáis xornais pesebristas). Ao pretendido nacionalismo váiselle a forza pola boca, pero moi poucos apoian ou mercan productos en galego, e son hipercríticos con eles, mesmo non os tendo lido nunca. Así nos vai, e irá. Espíritu cainita a tope, minifundismo mental e incapacidade para ver ao inimigo donde está, e non en quen pensa máis parecido a nós.
31 Agosto 2010 ás 9:14 p.m.
Currante de ANT tens bastante razão. Pode que alguém não compra nem ANT nem NOVAS DA GALIZA nem Agália (que não é jornal, mas está escrito só em Galego), nem… Mas que esse, que se declara nacionalista galego, nutra o seu nacionalismo em El País (progre) ou mesmo em LVG… Porque não me negarás que acontece com excessiva frequência: Eu normalmente leio a imprensa do café num café que tem o Xornal. Pois tive ocasião de comprovar que há gentes nacionalistas que preferem ler LVG e não o Xornal, quando não (me) chegam com El País ou com LVG baixo o braço…
31 Agosto 2010 ás 9:53 p.m.
#14 Compañeiro currante, co desexo de que non se confirme o peche de ANT, antes de nada, moita sorte!!! Paréceme en calquera caso que eres un pouco inxusto. Cando eu ía á misa, os cregos adoitaban chorrear aos fregueses con que se pecaba moito, en especial non indo a misa. Coño, iso tiña que dicirllo o señor cura aos que estaba fora do templo… Pois iso ¿Ou non?
O problema, que parece que se quere enmascarar con subvencións pero rexurde cando fallan, é outro que ti sinalabas: lamentablemente a poboación ten problemas ou prexuizos para a lectoescritura en galego. Por aí hai que empezar. Fan falla outras políticas, outro xeito de promocionar a nosa lingua (eu sustituiría a Callón, pero xa), con mais amabilidade, agarimo, destacando a súa beleza, destacando e reforzando os valores que ten para a poboación galega a súa lingua, sen acudir ao ridiculismo, á demonización, á coaccións (ou o que a xente poida percibir como coaccións), aos titulares reivindicativos de loita, manifa, follón, que para min son meros espexismos.
Unha aperta.
31 Agosto 2010 ás 10:12 p.m.
Amigo CTV, eu non digo (ou nonquixen decir) todos os comentarios, nen todo o mundo nacionalista, pero sí vexo eterno negativismo e hipercriticismo co propio ou máis achegado en moitos dos comentarios, aquí e noutros ámbitos.
31 Agosto 2010 ás 10:17 p.m.
Un xornal non é bó polo feito de estar escrito en galego. Algo máis hai que pidir e a día de hoxe a coz de galicia é mellor diario que o xornal. Malgré tout.
31 Agosto 2010 ás 10:18 p.m.
AGIL, non lera o teu comentario, pero o que dis é moi certo. Teño oído comentarios menosprezando o Xornal, criticando que está moito en castelán (pero é o que máis galego ten, a diferencias abismais, case a un 50%), e ademáis é o único xornal diario algo decente e crítico. Pero moita xente clama polo imposible/ou/moi difícil (un xornal diario 100% en galego e ideolóxicamente axeitado a cada un dos seus lectores), creo que coa sguridade de que nunca o vai haber (polo menos aos seus ollos de esquerdistas divinos). Pero si o houbera tampouco lles había valer (non é eso, non é eso). Mentres tanto len ou mercan La Voz, que ás veces regala un DVD ou uns platos sopeiros.
31 Agosto 2010 ás 10:27 p.m.
Currante de ANT, persoalmente a túa resposta dá noxo. Se realmente es traballador desa casa sabes mellor que ninguén que a culpa da desaparición non é precisamete do público por non mercar ese semanario. A culpa é da dirección da empresa por fabricar un produto patéticio, atrasado, sen interese algún, impresensatable en definitiva. Por iso San José sigue metendo e perdendo moitos cartos en Xornal pero non en ANT. Porque ANT non hai por onde collelo, perdeu todo o seu caracter. E o responsable primeiro é o seu director, Manuel Veiga, o seu subdirector, Xan Carballa, e o seu pelota continuo e coordinador do diario dixital César Lorenzo Gil. O seguinte nivel de responsabilidade é do presidente da empresa, Alfonso Eiré, por traizoar os seus principios e permitir que ANT se convertirse nun semanario de dereitas para que constructora San José estivese tranquila. Nun cuarto nivel de culpa está a CIG, que malia saber dos problemas económicos e ante os sucesivos despidos e traslados forzosos mirou para outro lado, e sigue lavándose as mans como Pilatos.
Así que vai botarlle a culpa a outros que prefirimos dúas cañas a ese semanario, porque sei perfectamente que se es capaz de escribir unha mensaxe así é porque queres agochar a TÚA responsabilidade.
Estarás rezando, para que o próximo ERE que mandou Jacinto Rey vos conserve a ti e outros jefitos, mentres os meus ex-compañeiros que forono os únicos que deron o callo nesa empresa vanse á puta rúa. Pero tranquilo, esa empresa con vós ao fronte nunca terá o máis mínimo futuro ou a máis mínima relevancia.
31 Agosto 2010 ás 10:58 p.m.
¿Semanario de dereitas? Manda carallo. Desde logo, só con repasar as portadas desde que está Feixóo mírase a caña que lle deu a esta Xunta. ¿Pero que tiña que ser, stalinista maoísta, ou qué? Porque de dereitas nunca mo pareceu, nin na nova etapa. Outra cousa é que fora un erro a entrada de San José, pero tamén houbera noutros tempos ampliación de capital e ninguén mercaba accións. A diferencia dos vascos, por certo, a quen lles pechan un diario e abren axiña outro.
Hai que mercar ANT, o Xornal, libros galegos, música galega, Çonde están os 10000 militantes do BNG? ¿e os manifestantes do Obradoiro e a Quintana? Hai que compremeterse, carallo, e non esperar que apareza algo marabilloso, senón apoiar o decente que temos
31 Agosto 2010 ás 11:12 p.m.
# 21
Ben dito!!! A última frase, para enmarcar. Se uns cantos miles de galegos a tivesen en mente o día 1 de marzo de 2009, as cousas serían ben diferentes de como son: as «Galescolas», por non poñer mais ca un exemplo, seguirían a chamarse «Galescolas». Claro está que Galicia non sería un paraíso na terra, mais si un lugar un chisquiño máis habitable, e con perspectivas a medio prazo moito mellores das que hoxe se nos ofrecen.
31 Agosto 2010 ás 11:47 p.m.
Eu alucino. Se non resiste un xornal íntegramente en galego porque os galegos teñen problemas de lectoescritura en galego, como raios existe Berria?
Pista: vontade.
31 Agosto 2010 ás 11:56 p.m.
Mentras teñamos o catecismo «Tierra y tiempo» o resto sobra…
1 Setembro 2010 ás 5:19 a.m.
Prezada e anónima «Ex-curranta de ANT», é certo que A Nosa Terra incurriu en erros de enfoque, que se despolitizou bastante, etc…Aínda así, manteño o meu «patético», segundo ti, razonamento, e coido que con todo, nun país máis normal, este semanario sobreviviría sen maiores problemas.
En canto a que eu sexa, polo que digo, «jefito», que queira «agochar a miña responsabilidade» e que «non din o callo», direiche, sen problema algún, que me chamo Gonzalo Vilas, e que vin realizando, enchendo, ou como queiras chamarlle (redactando, maquetando, debuxando e entregando acabadas) 11 páxinas das 48 que tiña (últimamente) o semanario. 4 páxinas do suplemento para nenos Bule-bule, 6 de guieiro cultural e 1 de pasatempos (en porcentaxe, case un 23% do xornal). Páxinas que non dubido considerarías unha completa merda, cousa que, francamente, tamén me importa unha idem. Así que algo o callo daba, e recoméndoche que non tires con bala antes de determinar o obxectivo, nen malgastes tanta bile. E tranquila, que o ERE ese excluirame dos primeiros, e aínda así seguirei lamentando a desaparición deste medio. Quizais é que teña a serenidade de poder analisar a situación dada desde fora da miña situación persoal, por fodida que agora quede, dacordo?
1 Setembro 2010 ás 8:55 a.m.
#19, currante de ANT:
Estás mui trabucado. Não é certo que Xornal seja «o que máis galego ten, a diferencias abismais, case a un 50%, e ademáis é o único xornal diario algo decente e crítico».
GALICIA HOXE está escrito 100% em galego. Nem 50% nem 90%, 100%!! E é bem mais crítico que o Xornal, se por crítico entendemos não só dar «canha» ao PP, senão questionar o pensamento dominante. Aí está o suplemento Altermundo, p.ex. Ou os frequentes artigos do Beiras. Ou o tratamento de algumas notícias internacionais, que Xornal p.ex. dá igual que El País e que GH adoita enfocar de outro jeito.
O único problema de GH é que é fininho, trai pouca iformação, não vale como «folha parroquial» ao estilo da Coz, onde podes consultar que farmácias estão abertas na tua vila ou se o curmão da vizinha levou um prémio na escola. Mas coido que isso se iria melhorando conforme fossem aumentando as suas vendas. Eu não vou pedir que a gente compre o GH, nem me vai parecer um requisito militante… mas não entendo como alguns andam a defender o Xornal (eu também o leo às vezes, claro), ou mesmo La Coz (!), ou proponhem um «entrismo» noutros jornais… quando o jornal progressista 100% em galego já existe e se chama GALICIA HOXE.
1 Setembro 2010 ás 9:35 a.m.
100% com sr J, eu leo o Xornal alguns dias, polos artigos de Vence e Camilo e alguma cousa mais, mas a sua política linguistica se reparades e mais do mesmo, as notícias «sérias» (de economia etc) num alto tanto por cem em que vam?… em castelhano, e as de Galiza, culturais etc?… em galego.
Estou canso de tanta parvada… erro tras erro, coma sempre, Galicia Hoxe está todo em galego e nom creo que vendam menos por isso, se cadra é ao contrário.
1 Setembro 2010 ás 10:07 a.m.
ANT levantou-se a pulso, com as achegas económicas de centos de pessoas, alá polos tempos da Transacçom. Foi, durante muitos anos ainda, um jornal colado aos movimentos populares e um projecto que oferecia qualidade crítica e acompanhava as luitas e os posicionamentos mais avançados. Essa foi a chave do seu extinto sucesso.
Logo, quando o aggiornamento se fijo evidente, ou abertamente impúdico, diria melhor, convertendo-se numha folha de propaganda das actividades parlamentares do BNG, começa um declínio que chega até hoje e que com Quintana and company chega ao seu zénite com a entrega do periódico a Jacinto Rey ou, como andam a dizer alguns, que nem se inteiram da estrutura de classes do país, à imaginária burguesia galega.
Da venda do jornal à construtora deriva umha radicalizaçom da deriva ideológica que já levava ANT e já que logo a perda de qualquer interesse como «produto» nacionalista que deixara de ser.
E nisso andamos. Processos similares acontecérom em outras estruturas sociais construidas polo nacionalismo.
A mim, como independentista, esta «notícia» nom me alegra o mais mínimo, para além de que ANT fosse um jornal na minhha opiniom bastante mediocre. Assim e todo, quem contemple criticamente o que se passa deverá matinar nas responsabilidades do aggiornamento no que está a ocorrer. Soltou-se lastre por toda a parte para ter «mais apoio social» e, afinal, nem apoio nem continuidade dos projecto.
1 Setembro 2010 ás 10:20 a.m.
Seguimos en barrena…cando imos parar a lea interna e volver ao respecto e convivencia e recoñecimento de tod@s?
País de Leirantes!
1 Setembro 2010 ás 10:25 a.m.
Convirtamos cando menos a edición dixital de ANT, que segundo o País se vai manter, nun novo vieiros. Responsabilidade dos traballadores, pero tamén de nós como lectores, abrindo a súa páxina, léndoa e comentando as novas. Usémola
1 Setembro 2010 ás 11:19 a.m.
Aos que poñedes ao Galicia Hoxe moi por diante do Xornal en canto a progresismo, esquerdismo, etc…: este xornal, subvencionado e dependente da matriz El Correo Gallego (que xa non soa tan galego, non si?) sí é un producto digno, donde traballa xente progresista, e cunha liña decente….algo que lle deixan ser en canto a empresa-nai e a Xunta saben da súa intrascendencia social. Ou qué pensades?. Digamos que os deixan estar mentres sexa notoriamente minoritario, cun carácter máis cultural que político, e que non o lea case ninguén. Para eso foi creado, como versión en galego (ás veces tradución automática) de El Correo. O que non quita que sexa hoxe (e de momento) un xornal lexible e diferente do seu irmán maior…mentres non m oleste, insisto.
O Xornal representa outra cousa, cos seus erros e méritos, e como tal é tratado: recibeu 1.200 euros de subvención o ano pasado (!), e causou as iras do gurú Santiago Rey, ese ao que subvencionan con 22.000 euros ao día. É a única cabeceira galega crítica co PP, a única donde saen os seus chanchullos diarios, etc… Non sexamos inxenuos
1 Setembro 2010 ás 12:08 p.m.
#31:
Quem é ingénuo? Eu não digo que GH seja como é por convicção ideológica dos proprietários, que sei que não é assim. Mas a dia de hoje, é como é. Todas as chatas que lhe pos a GH se lhe podem pôr também, e aumentadas, ao Xornal. Que Xornal representa «outra cousa»? Si… mas não melhor que a que representa GH. Certo que a Junta está claramente oposta a el e não o subvenciona, etc, mas precisamente por isso eu me pregunto: se algum dia o Xornal molestasse ao poder (que agora realmente não molesta, porque o lê mui pouca gente que ademais já está convencida), e a Junta decidisse tomar cartas no assunto… que passaria? Pois o mesmo que quando, tras o Prestige, a Junta decidiu «comprar» La Coz: uma vez me injectas pasta, deixas de ser o meu inimigo, e se antes me dedicava a sacar os chamulhos do governo, a partir de agora sacarei os da oposição. O Xornal tem donos, e esses donos não são nacionalistas convencidos (a sua linha ideológica vê-se claramente e é apenas de um «galleguismo bien entendido», diria eu), senão empresários que o montárom para arrimar-se a Quintana, calculando que o BNG ia seguir co-governando e que seria bom te-lo de mão. Despois disso quedárom marcados e polo de agora continuam essa linha, porque é o único que lhes queda, mas se lhes oferecem o que querem (dinheiro, influência, business) passarão a glorificar o PP sem maior problema. O que seria ingénuo é pensar que o Xornal é alguma «esperança branca» para nós. O jornal que precisa Galiza e que queremos os galeguistas de esquerdas não existe ainda (nem pode existir sendo os donos da prensa quem são), mas o que mais se lhe parece é o Galicia Hoxe.
1 Setembro 2010 ás 12:41 p.m.
O Xornal ten donos (o resto da prensa non?), o Galicia Hoxe tampouco? (soache un facha-facha chamado Feliciano Barrera?). O Xornal non molesta ao poder? deixaríase mercar como La Voz no seu día…ti xa anticipas todo, non é válido porque si un día medra o mercará o PP e será como La Voz. Polo tanto, sigamos lendo La Voz. Vaia razonamento meu. E o xornal que queredes os de esquerdas etc… aínda non existe, nen existirá, estate tranquilo. E case mellor, porque se non igual un día o mercaba o PP e santas pascuas, non é?
———————————–
Polo demáis, A Nosa Terra sí pecha, e os que alí traballábamos enterámonos antes pola prensa (El País) que por comunicación directa.Algún aínda non sabía si se sairía a vindeira semana, cando a nova xa estaba colgada en El País…Tamén sospeitamos que a cousa estaba decidida no mes de xullo, e tivéronos un mes traballando e outro de presuntas vacacións, ambos non cobrados de momento, adiando 2 meses a posibilidade de cando menos irse buscando a vida e o curre, ademáis do peche por sorpresa.
1 Setembro 2010 ás 12:49 p.m.
«E case mellor, porque se non igual un día o mercaba o PP e santas pascuas, non é?»
Aí estivo vostede agudo!
«Tivéronos un mes traballando e outro de presuntas vacacións, ambos non cobrados de momento, adiando 2 meses a posibilidade de cando menos irse buscando a vida e o curre, ademáis do peche por sorpresa».
O golpe debeu de ser moi forte! Espero que todos os afectados polo ERE atopen axiña un traballo… aínda que sospeito que non vai ser así.
1 Setembro 2010 ás 2:05 p.m.
#33:
1. Precisamente, o que digo eu é que todo jornal tem um dono, cuja prioridade são os seus próprios interesses. Sublinhei que esse TAMBÉM é o caso de Xornal, porque na tua mensagem desqualificavas GH assinalando quais eram os seus donos (o grupo Correo, certamente moi fachas), mas dizias que Xornal era «outra cousa». Sendo justos, eu coido que não procede fazer essa diferença, e é isso o que dixem no meu comentário.
2. Eu tenho claro qual é a linha do Xornal e quais são as razões para manter essa linha. São claras e transparentes. É sabido por que foi criado, a quem amolou, a quem tem intenção de amolar, e de que lado está. Conhecendo isto, e sabendo quem é o seu dono e a sua escasa ou nula ideologia galeguista ou progressista, não tenho motivos para pensar que não se vendesse chegado o caso.
3. NUNCA defendim ler La Coz, todo o contrário. Nem penso dessa forma tão cínica na que te expressas ti.
4. Eu não penso num ou outro médio em termos de bons ou maus. Singelamente, prefiro o Galicia Hoxe porque a dia de hoje tem uma linha ideológica e uma prática linguística com a que coincido muito mais que com a do Xornal. E não vejo nenguma razão, sendo realista, para esperar grandes câmbios no Xornal (como não sejam a pior). Isso não implica que o GH seja algo incorruptível, claro que o dia que o grupo Correo se farte del o fechará ou lhe cambiará a linha. Mas a dia de hoje é o melhor que hai.
5. Creo que pode existir um jornal galego de esquerdas (verdadeiramente Galego e de Esquerdas), que se pode manter no tempo, e que não tem por que vender-se mesmo no caso em que chegue a ter um público amplo e por isso amole à direita no poder. Mas para isso não pode pertencer a um potentado, chame-se Santiago Rey, Jacinto Rey ou o que seja. Isto não é uma utopia, aí está o Gara em Euskadi que sai à rua cada dia graças ao apoio popular.
1 Setembro 2010 ás 3:11 p.m.
Mentres non teñamos un xornal galego e progresista constituído en cooperativa por miles de persoas -non en mans de empresarios, como é o Xornal con Jacinto Rey- o mellor que temos polo de agora é Galicia Hoxe, xornal que debemos apoiar e procurar expandir e potenciar.
1 Setembro 2010 ás 4:58 p.m.
36#
E iso en que Comite Cemtral se decidiu, super?
1 Setembro 2010 ás 5:22 p.m.
Olá, Gonzalo, parabéns polo teu trabalho n’ANT. É lamentável o desorganizados que estamos, e neste ponto, penso que muitos si deveriam ser retirados polos seus poucos, quando nom negativos, resultados -e estou a falar, naturalmente, de pessoas com responsabilidades políticas. Eu sou dos parvos que comprárom na altura acções d’ANT, mesmo que já na altura nem concordava coa linha, nem (como verás) coa grafia, nem com tantas cousas, mas eu concordo plenamente contigo em todo o que dis. Enfim, após das quedas, levantar-se outra vez e seguir adiante.
Ah, acho que tendes por ai alguns meus fascículos daquela História da Arte, projecto que se parou e nunca se acabou (15 anos, disto?). Quero dizer, que eu si escolho e escolhim «atirar» o dinheiro ai que noutras cousas, mesmo que isto acabe fechando. Nunca foi dinheiro malgastado, todo o contrário.
Muita sorte, e alguns que estâm por cima tua, francamente, deveriam trabalhar noutras responsabilidades.
1 Setembro 2010 ás 6:13 p.m.
A decisión estaba tomada dende o consello de Administración de Xullo, escapóuselle nalgunha conversa privada a unha membro do Consello de Administración que en breve terá responsabilidades parlamentares no estranxeiro. Pero todos/as caladiños/as, non fora a ser que os traballadores e traballadoras (que levaban varios meses sen cobrar) foran a estragar a estratexia ocupando a sede da empresa ou algo peor. Non hai mellor cuña que a da propia madeira. Estaría ben que alguén recordase os nomes dos membros do consello de administración, para sabermos todos e todas quen son os auténticos traidores ós e ás traballadores/as de ANT.
1 Setembro 2010 ás 8:12 p.m.
#37. Cando non hai coñecementos nin argumentos: PARVADAS! Estupideces como as que di ese Fidalgogaliza.
Algunhas vantaxes de «Galicia Hoxe» sobre «Xornal de Galicia»:
-Está integramente escrito en galego.
-É de liña moito máis progresista e galeguista.
-Mantén unha independencia de organizacións políticas concretas e de sectores delas, mentres que «O Xornal de Galicia» foi creado para servir ao quintanismo (+Galiza neste momento), cuestionando outras tendencias no seo do BNG.
Sendo poucos os nacionalistas galegos e os sectores progresistas da sociedade (BNG. FPG, Nós-UP, Esquerda Unida, CNT, etc) está ben contar cun xornal que recolla as informacións destes grupos e sectores da poboación galega. Un xornal quesexa en galego, progresista e independente de cada un deles. E mentres que non haxa un xornal formado coa participación e diñeiro en forma de accións de miles de persoas destes sectores o que máis se achega a este ideal é «Galicia Hoxe» xornal que todos deberíamos mercar e potenciar.
Saúdos.
1 Setembro 2010 ás 9:46 p.m.
Desculpade que irrompa neste animado diálogo a varias bandas. É evidente que detrás do fracaso d’ A Nosa Terra hai responsabilidades diversas, que seguramente só cun pouco máis de tempo, información e cabeza fría será posible pasar a limpo.
Pero, desde o meu punto de vista, o principal neste momento debe ser facermos a seguinte reflexión, en termos colectivos, construtivos e sen derrotismo: o que podemos facer por articular un espazo de comunicación social en galego, progresista, con visión de país, financeiramente viable e con perspectivas de perdurarse? O que debemos facer no plano colectivo todos os que amamos este país, e en que medida podemos contribuír cada un de nós?
Sinceramente, con todos os respectos, paréceme que iso é máis interesante que discutir se é máis nacionalista o Xornal ou o Galicia Hoxe. Dito sexa de pasaxe: se ambos medios tivesen tantos lectores como defensores, seguramente estarían nunha situación moito mellor; e iso tamén vale para ANT.
Saúdos.
P.S. Noticia relacionada: http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1405:a-xunta-compra-menos-libros-en-galego-e-castiga-a-editorial-de-a-nosa-terra&catid=92:novas-dos-usuarios-e-usuarias&Itemid=130
1 Setembro 2010 ás 10:03 p.m.
Cal era a tirada de A nosa terra e cales eran as vendas, suscripcións incluidas? Alguén pode informar? E de Galicia Hoxe? Cantos lectores teñen as súas versións dixitais?
A propósito deste último sempre me chamou a atención que fose en moitos casos a versión en galego de El correo gallego, entregado en plástico xunta o xornal nacionalista español EL MUNDO, diario destacado polo antinacionalismo e polo acérrimo ataque contra o decreto do bilingüismo do bipartito.
Son eses paradoxos que fan a vida moito máis rica e divertida.
1 Setembro 2010 ás 10:28 p.m.
#42 arume: Varias desas cuestións respóneas hoxe Eyré en entrevista a El País. Saúdos.
1 Setembro 2010 ás 10:48 p.m.
Faltan as vendas que é o que creo importa.
Claro que a vella tradición galaica (noutros sitios tamén hai, pero con este nivel non tanto) de ler os xornais no bar ou na cafetería non favorece moito as vendas.
Na Facul, a xente le (ou lía) A nosa terra na cafeta cando non na Biblioteca. E non conto máis, «que me pierdo».
2 Setembro 2010 ás 12:29 a.m.
Señor Filipediez: ese medio «perfecto», galeguista, de esquerdas, ecuánime, autofinanciado, alicatado até o teito, non o han ver os seus ollos nen os meus. Antes de mercalo ou lelo, moitos debatirían eternamente si serían galgos ou podencos, si a normativa é tal ou a tendencia é cal, ou o que se lle ocorra. Mentras tanto, alá vai ANT, Vieiros e outros como A Peneira que por aí andarán, na corda frouxa. E todo diante do desinterese case absoluto da presunta base social galego-falante ou esquerdo-pensante. Si non se deu nunca aproveitado o que había ou hai, quén pensa que xurda algo dese tipo. Non home, vaiamos mañán ao kiosko e merquemos La Voz (e que trae un pocillo de café de regalo…pagado cos nosos cartos). Total, a merda coñecida e declarada sábenos ben, calquera iniciativa distinta podería desvirtuarse, e eso non o aguantaría a nosa delicadísima sensibilidade de gauche divine, tan divine que ás veces semellara auténtica idiotez.
2 Setembro 2010 ás 12:30 a.m.
Egin publicó su primer número el 29 de septiembre de 1977. Según uno de sus fundadores, José Luis Elkoro: «Diez personas nos juntamos para poner 100.000 pesetas cada uno: había un vendedor de coches, un carnicero, un churrero…»; además de los fundadores, hubo 24.000 «cuentapartícipes», «que pusieron su grano de arena, grande o pequeño».
En la madrugada del 14 de julio de 1998, el juez Baltasar Garzón ordenó el cierre cautelar del periódico y la emisora de radio.
Da wikipedia.
2 Setembro 2010 ás 1:08 a.m.
Estou moi en sintonía co que manifestades nos comentarios 14, 15 e 45.
Isto non é o País Basco, onde cando fecharon o Egin manifestámonos mais de 100.000 persoas, de HB, EA, PNV e un grupo de galegos da FPG.
Aquí todo o que se fai a favor do idioma e fóra das gadoupas do PP molestalles aos señores/as da esencia galega nacionalista. Cada día interesádesme menos e mais o xeito de facer o que se poda en clave galega no medio dunha sociedade,a galega,a miña, que disfruta con España e as súas cores, o seu idioma,e a súa imprensa.
Oxalá cerre A Peneira, Tempos Novos,Xornal de Galicia….e a ver se ficades a gosto. Voltaremos ao que eramos…La Voz, Faro, La Región….e berraredes cheos de inxenuidade Que queiran que non somos unha nacion!! Unha pequena nación que collerá nun campo de fútbol e se sentirá moi autocompracida.
Era tan pobre que só tiña cartos. E na esquerda nacionalista sodes tan puros e nada vos val que viviredes baixo o mando do PP, e non escoitaredes outra cousa que español no voso País,e gastaredes os cartos nos bares,restaurantes,tendas,concesionarios onde non usaran o galego,…así seredes galegos na fición e españois na realidade.
Eu vou tirando, pagando a subscrición de Tempos Novos, d´A Peneira, do Xornal de Galicia, de Irimia, do Novas da Galiza…e cada un coa súa conciencia fai o que quer, a cuestión e deitarse sabendose que é galego e durante o día traballou e actuou axudando a fortalecer a idea de Galicia.
ANT fechou porque, fundamentalmente xa non era rendíbel e na sociedade de mercado na que vivimos éste regula o que ten saída( consumidores que demandan ese produto) e o que debe desaparecer. Non tiña compradores abondo. Tarde piastes. Aquí hai moita manifa e moita xente berrando, pero onde están eses miles gastando-investindo o euro. Somos demasiado ghalleghos e vergoña nos debería dar.
O que fai o empresario J.Rey faríao eu sen contemplacións. A sociedade galega quer cousiñas como La Voz,El Correo….pois a darlle voces e correos. Así todo dios contento, inclusive os que barrenan co sexo dos anxos todos os días.
2 Setembro 2010 ás 1:32 a.m.
totalmente dacordo con manolo
2 Setembro 2010 ás 9:26 a.m.
Cousa curiosa a que publica hoxe o DOG
«Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima dos
créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á
Resolución do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen
axudas económicas, en réxime de concorrencia
non competitiva, dirixidas a empresas que realicen
publicacións periódicas escritas integramente
en galego en trescentos trinta e seis mil catrocentos
trinta e catro euros (336.434 €), con cargo á aplicación
orzamentaria 04.30.151A.470.0, de forma que
o importe total será de catrocentos mil euros
(400.000 €).»
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/f4b07c5bba55e31ac12577910049a5e0/$FILE/16900D003P008.PDF
Será escarnio logo de derrubar o tronco? Será posibilidade de reflote in extremis?
2 Setembro 2010 ás 10:35 a.m.
Podese dicir máis alto pero non máis claro:
«sodes tan puros e nada vos val que viviredes baixo o mando do PP»
«seredes galegos na fición e españois na realidade»
2 Setembro 2010 ás 11:15 a.m.
40#
Acouga oh que ainda estamos a 1 de setembro, e a este paso non chegas ben ao nadal.
A pergunta tiña un evidente tono de coña que ti non pillaches.
O de Galicia Hoxe sorprendeme moito porque e un xornal propiedade do Correo, e eses do PP e españois de sempre.
Sei ben que nin Xornal nin ANT son do gusto da U, e por acó acusase de teren pactiños coa Coz (esquezemos aquilo da «A Voz de Galicia manipula con malicia»), e agora hai boa relación co grupo Correo.
Non entendo nada.
E a última, o veto da U ao Xornal acabouse (ainda que Pilar nunca o respeitara, curiosa disciplina).
Repito: non entendo nada.
Hai estratéxia e táctica? ou somentes tripas, xenreiras e comportamentos neutótico-compulsivos.
Saúde e patria para tod@s.
Mantra: Respecto e recoñecemento interno d@ outr@, xenerosidade… (non vou dicir o de unidade que Filipe se mosquea…;-))
2 Setembro 2010 ás 2:45 p.m.
Sinto moito a perda nos quioscos de A Nosa Terra. Agora que tanto mellorara e deixara de ser un panfleto ao servizo da UPG, afoga. Hai menos galegas/os dos que cremos, e moito espanhol-gallego. Se non o mercaba xente suficiente, fixeron ben retirarse do mercado.
O Xornal de Galicia está a cumprir un papel importantísimo e histórico no panorama da información en Galicia. É dos seus donos,que para iso investiron os seus cartos en ofrecernos algo distinto todos os días. Podían ter investido noutra cousa que non tería a importancia para Galicia que ten o periódico. O Xornal non é do PSOE, nin do BNG, nin do PP , nin de Converxencia XXI. É dos seus donos e linha editorial progresista e galeguista. Podedes ler nel os artigos do noso companheiro Fernando del Río,que preside Galidem, a nosa fundación.
2 Setembro 2010 ás 5:25 p.m.
Uxia, Galidem e compañía.
De verdade credes que o PP vai deixar que teñades masa crítica para montardes unha alternativa liberal ou democrata cristiá na Galiza?.
Ogalla funcionase unha alternativa nacionalista galega ao PP e parte do PSOE, mais mentres non se produza unha ruptura no PP, e os galeguistas que haxa saían del, non hai que facerlle.
Mais falta masa crítica. Non pasa de ser unha anécdota, un exemplo máis de minifundismo. Mágoa de País cheo de leiras.
2 Setembro 2010 ás 7:34 p.m.
#53. Contribúe a crear esa masa crítica que necesita Converxencia XXI para ser un partido nacionalista galego de centro e social-liberal dándote de baixa do BNG e ingresando en Converxencia XXI, xunto con outros e outras que pensan coma ti. Serías máis coerente.
2 Setembro 2010 ás 9:16 p.m.
http://www.xornal.com/opinions/2010/09/01/Opinion/idioma-libertad/2010090113134200570.html
2 Setembro 2010 ás 10:08 p.m.
menos mal que queda el as y el marca
salud y republica
3 Setembro 2010 ás 9:26 a.m.
http://www.pglingua.org/foros/viewtopic.php?f=8&t=1859
3 Setembro 2010 ás 10:14 a.m.
54#
Lixérxico comentario!!!
Eu sonche de barrio e de aí non saio, nin liberal, nin democrata, nin cristián… neto de traballador@s, fillo de traballador@s, e consciente disa das clases sociais, e de cal é á que pertenzo, por aí non paso. Nin terra nai, nin breogáns, que todo ten un límite. Non vou a misa coa miña nai e non vou ir cun Durán i Lleida galaico!
Super levanta o pé que se che nota de máis a intoxicación.
A dialectica nacional é a fundamental nesta terra e neste tempo, e por iso é preciso o frontismo, e desexábel sería que a micro-pequena burguesía nacionalista gañase terreo á imperialista. Ou non?
E logo non sería positivo para este País que Rafa Cuiña e os seus rachasen coa obediencia española?
Para os intereses dos que só temos a nosa forza de traballo sería positivo, non?
3 Setembro 2010 ás 2:41 p.m.
#58. Para lixérxico e psicodélico o teu comentario!!!!
Segues vivindo nun mundo irreal, sen ser consciente do País que temos, sen posiblemente ver que a actuación do BNG foi moi deficiente no último lustro.
Non me gusta nada o nacionalismo aséptico que pareces defender. Non chega con que sexas de barrio e fillo de traballadores. O importante son as interpretacións correctas dos cambios sociais e sobre todo as actuacións políticas que se leven, sen enganos demagóxicos.
Hoxe en día o nacionalismo galego que pode reclamar e apoiar a numerosa poboación afectada pola crise é radicalmente de esquerda e transformador. E ti segues teimando nos erros dos últimos anos e sen te enterar da nova conxuntura política, entre outro motivos, porque o PSOE se acabou de converter nunha absoluta merda.
Non te refuxies, como fan algúns, na «dialéctica nacionalista» para non definirte RADICALMENTE na dialéctica que máis pode interesas aos cidadáns que é a de esquerda-dereita.
Por outra banda, o BNG debe fuxir dos reducionistas afáns dunha clase política que queira exercer de novo-rica e vivir na comodidade do sistema.
Esa micro-pequena burguesía de tan pequena en número e forza que dis pode estar no BNG perfectamente, sempre que os seus intereses non vaia en contra da política claramente de esquerdas que debe ter o BNG.
Por suposto que sería positivo que Rafa Cuiña e os seus rachasen coa obediencia español. Pero sería mellor que non entrasen no BNG para desvirtualo e afundilo aínda máis do que está e que si pasasen ou creasen unha organización política distinta nacionalista e de centro.
Un PNG á galega sería positivo, claro, pero nunca converter ao BNG nunha especie de PNV ou CiU.
Mencionar sempre a Rafa Cuíña paréceme unha parvada. Ese señor non é ningún mesías, nin líder, nin intelectual político. E como creo que é listo xa se moverá cando lle conveña. E o BNG non ten que cambiar para que entre ese «mesías» de Lalín. Xa está ben de dicir boutades mentando a Rafa Cuíña.
Repíto con esas mentalidades social-liberais sería máis coerente ingresar en Converxencia XXI ou crear en Galiza un partido nacionalista de centro.
3 Setembro 2010 ás 5:26 p.m.
59#
«Segues vivindo nun mundo irreal, sen ser consciente do País que temos, sen posiblemente ver que a actuación do BNG foi moi deficiente no último lustro.»
A acción nos gobernos nos que está o BNG adoitan ir por diante da sociedade. E poñen de acordo as bases PP e PSOE para atrapallalas e facelas fracasar.
Podemos ver cuestións concretas, se queres…
As Galescolas: foi un erro de cálculo, fixemos demasiado ruido, mais caladiños teriamos conseguido máis ao minimizar a contestación españolista e contra o ensino público.
«Non me gusta nada o nacionalismo aséptico que pareces defender. Non chega con que sexas de barrio e fillo de traballadores. O importante son as interpretacións correctas dos cambios sociais e sobre todo as actuacións políticas que se leven, sen enganos demagóxicos.»
Aséptico por defender a opción frontista do BNG?
Cal é a interpretación correcta de que cambio social e a que te refires con actuacións políticas que son enganos demagóxicos?
Non te das conta que non dis nada, que é verborrea oca, enchea de algo, por favor!
«Hoxe en día o nacionalismo galego que pode reclamar e apoiar a numerosa poboación afectada pola crise é radicalmente de esquerda e transformador. E ti segues teimando nos erros dos últimos anos e sen te enterar da nova conxuntura política, entre outro motivos, porque o PSOE se acabou de converter nunha absoluta merda.»
Non me chegara con vivir nun barrio traballador mais notase que ti contacto coa xente non tes. Nin polo forro nos ven como unha alternativa para sair da crise! A min xa me chega conque non me vexan como un marciano por falar en galego!. Os votantes do PP, que son maioria están encantados e animados, os do PSOE depres e os do BNG agardando que rematen as leas internas para teren algo de esperanza.
«Non te refuxies, como fan algúns, na “dialéctica nacionalista” para non definirte RADICALMENTE na dialéctica que máis pode interesas aos cidadáns que é a de esquerda-dereita.»
)
E logo ti non acreditas na dialectica nacionalismo-españolismo como fundamental? o BNG debe deixar de ser nacionalista e pasar a ser un partido de esquerdas?
«Por outra banda, o BNG debe fuxir dos reducionistas afáns dunha clase política que queira exercer de novo-rica e vivir na comodidade do sistema.»
Iso de clase política é discurso dereita a tope, e meter ao BNG niso demostrao.
«Esa micro-pequena burguesía de tan pequena en número e forza que dis pode estar no BNG perfectamente, sempre que os seus intereses non vaia en contra da política claramente de esquerdas que debe ter o BNG.
Por suposto que sería positivo que Rafa Cuiña e os seus rachasen coa obediencia español. Pero sería mellor que non entrasen no BNG para desvirtualo e afundilo aínda máis do que está e que si pasasen ou creasen unha organización política distinta nacionalista e de centro.
Un PNG á galega sería positivo, claro, pero nunca converter ao BNG nunha especie de PNV ou CiU.
Mencionar sempre a Rafa Cuíña paréceme unha parvada. Ese señor non é ningún mesías, nin líder, nin intelectual político. E como creo que é listo xa se moverá cando lle conveña. E o BNG non ten que cambiar para que entre ese “mesías” de Lalín. Xa está ben de dicir boutades mentando a Rafa Cuíña.
Repíto con esas mentalidades social-liberais sería máis coerente ingresar en Converxencia XXI ou crear en Galiza un partido nacionalista de centro.»
No BNG está, de momento, nacionalismo de diferente cultura política e ideolóxia, e isto é así desde a súa fundación, e de momento iso non se emendou.
Se nomeo ao fillo de Cuiña é porque é o que se manifesta como galeguista, e que eu creo que non o é, mentres manteñan a obediencia a un partido español non son nin poden ser.
Saúde, Patria e sentidiño.
7 Setembro 2010 ás 4:08 p.m.
1º- EYRE e o cadro de directivos de ANT preparan este golpe enganando as persoas que traballan no semanario desde hai décadas co fin de facer o TRABALLO SUXO e deixar limpo a Jacinto Rey (San José)…traizoan a cantas persoas mercaban, lian o xornal e a centos de persoas que apoiaron o proxecto. Eyré and company (Carballa, Lorenzo Gil, Puga, Veiga…) venderon a cabeceira ao millor postor para que mañá fagan o que lles pete.
2º Buscan despedir sen dereitos nen imdennizacións a traballadores-as que entregaron media vida a esta causa informativa e que nestes teras anos foi un fiasco. Para que falar da xestión desta xente???
3º Desenmascarar aos verdadeiros culpables é tarefa urxente… informar a cantas persoas apoiaban ANt é básico para que saiban o que hai!!
7 Setembro 2010 ás 6:42 p.m.
Acabo de ler isto:
«A verdadeira causa do feche d´A Nosa Terra»
http://galizalivre.org/?q=noticia/07.09.2010/verdadeira-causa-do-feche-d-nosa-terra
17 Setembro 2010 ás 10:58 p.m.
A hostilidade do PP era de agardar. Mais non hai que enganarse hai tamén responsabeis dentro, comezando por Eiré que debería ter demitido hai xa ben tempo. Este señor entregou a revista, obviando outras alternativas, a un ricacho ao que agora quere salvar do fiasco. Non hai dúbida de que Eiré para quen traballa non é para ANT senón para Jacinto. Agora fise a victima e pretende que a Xunta lle solte cartos polo que xa tomou unha medida: suprimir os comentario, que vai fundir tamén o xornal electrónico, mais que importa mentres chovan cartos, ainda que non se lea e non pinte nada na sociedade galega, a Eiré traella froxa.