O Consultivo critica o contradecreto
13 Maio 2010Feijoo fixo do ditame negativo do Consello Consultivo ao decreto do bipartito de promoción do galego no ensino (124/2007) a base da súa argumentación sobre a necesidade de reformalo. Agora, o Consultivo emite un duro ditame a respecto do proxecto de contradecreto do PPdeG, deixando en evidencia a estratexia falaz de Feijoo, Rueda, Vázquez e Lorenzo. Un golpe xurídico cuxa repercusión debemos pór de relevo para furgar nas contradiccións do discurso populista impulsado desde a FAES. Unha boa avaliación pode ser lida no blog Brétemas, que tamén inclúe links a crónicas da imprensa sobre o asunto.
