ProLingua consolídase como referente
15 Febreiro 2010O pasado día 5 de febreiro, a plataforma ProLingua presentou o libro «55 mentiras sobre a lingua galega». Foi un evento singular tanto pola cualidade e amenidade da obra, pensada para o público xeral e non só para especialistas, como pola súa realización en 69 vilas, cidades e metrópoles de Galiza, Europa, América e Asia.
O eco dos actos, que congregaron un total de máis de 5.000 asistentes e atinxiron unha notable repercusión mediática, axudou a consolidar ProLingua como un dos referentes imprescindibles no ámbito da normalización e da batalla social polo idioma. No seo do BNG, as reaccións tamén teñen sido significativas: só por citar algunhas, tanto Aymerich como Beiras (membro de ProLingua) ou Carme Adán parabenizaron publicamente a ProLingua por esta magnífica iniciativa.
Animamos a ler as crónicas de Xornal de Galicia e do blog de Manuel Bragado, e sobre todo a ler o libro, que xa é un dos máis vendidos no país, feito incomún nun libro de sociolingüística.




15 Febreiro 2010 ás 10:09 p.m.
Parabéns a ProLingua pola iniciativa do libro. Unha proba do éxito que está a ter é como comeza a preocupar aos negacionistas (http://www.xornal.com/artigo/2010/02/10/galicia/libro-prolingua-preocupa-gb/2010021023042802351.html). Tanto en ProLingua, como na defensa do galego, cabemos todos. Por certo, aledoume moito ver na presentación de Vilalba a Agustín Baamonde. En fin, convídovos a todos a movilizarvos polo galego e, se queredes, unirvos a ProLingua. Só fai falla vontade e compromiso coa nosa cultura, sen máis. Un saúdo
15 Febreiro 2010 ás 11:48 p.m.
A tuti quanti que non comulga coas rodas de muiño, Queremos Galego,que se asocie a PROLINGUA. Xa somos 2000 asinantes e agora toca pagar cotas e consolidar unha asociación como debe ser entre a sociedade galega,unha asociación Aberta e onde pode participar todo galego/a de toda condición que queira fomentar o uso do idioma galego. Sen tutelas políticas,etc. Xa me comentaron que na reunión do Secretariado Político da UPG da semana pasada este aunto preocupa. Un aínda ten amigos ex-camaradas de outros tempos. E mais que vai preocupar.
16 Febreiro 2010 ás 12:53 a.m.
Penso que o melhor que lhe poderia passar a este país para a defesa da sua língua é que Prolíngua medrasse tanto que fosse o principal referente em defesa da língua. E isso basicamente por ser umha organizaçom aberta a TODOS. O de que Queremos Galego se meta, é umha ingenuidade, pois já sabemos que as organizações de carácter totalitário preferem destruir(-se) antes que perder o controlo. Eu o único que espero das organizações satélite da UPG como a Mesa e Queremos Galego, que vem sendo praticamente o mesmo, é que acabem sendo tam minoritárias e irrelevantes socialmente que a ninguém lhe importe um pito o que digam. Para isso o que há que fazer é passar literalmente delas. A manifestaçom do Obradoiro colou-lhes, mas para muitos de nós foi a última vez que imos seguir-lhes o jogo a estes sectários. A foto de quando foi Queremos Galego ao Parlamento é umha autêntica vergonha. Só faltava Paco Rodríguez. Nem as formas sabem guardar.É tal o seu sectarismo e ânsia de controlo e de figurar, que estám matando o seu próprio chiringuito afogando-o de tanto que o querem proteger.
16 Febreiro 2010 ás 3:15 a.m.
Por certo, tamén os profesores de Matemáticas están contra o decreto: http://www.agapema.com/documentos/Declaracion_Agapema_Bases.pdf
E canto a ProLingua, só reiterar os parabéns por surxir, por ser un grupo aberto e plural e pola decidida vontade de facer país desde a xenerosidade.
Saúdos.
16 Febreiro 2010 ás 11:36 a.m.
Non me parece xusto, nin politicamente atinado, minusvalorar o papel que cumpren tanto A Mesa coma Queremos Galego. Dificilmente as mobilizacións que leva habido obterían a dimensión acadada sen a súa iniciativa, e en tal caso non estariamos na situación na que estamos, notabilisimamente mellorada con respecto ao que era hai un ano.
Hai que tecoñecerlles a elas, e mais á UPG, a decisión nun momento clave. Da mesma maneira que agora cómpre indicarlles que a proliferación de estrelas e figuras do Bloque nos estrados non favorece a causa da lingua; e que para a do nacionalismo, a inflación de metros de tea e presenza de portavoces non van facer o efecto nin cumprir a función que debería Galiza Nova se fose realmente existente e minimamente recoñecida entre a mocidade.
É neses momentos, e ante tales ‘estratexias’, que lembro aquela UPG que me chamara a min, cunha estratexia de chegar á xente, pensar e planificar a política de abaixo arriba; que ademais de decisión había tamén frescura, e non só Beiras sabía conectar. Pero ubi sunt?
16 Febreiro 2010 ás 12:16 p.m.
#5 Xosé M. González: Asino embaixo o teu comentario. A Mesa e Queremos Galego son organizacións fundamentais e deben ser valoradas en todo o positivo que teñen, que fan e que levan feito, sen que iso nos impida exercer a crítica construtiva sobre as súas actuacións.
Xa o dixen e repítoo: eu creo que a pluralidade de asociacións é boa, que fortalece a sociedade, faina ser máis madura e permite alargar a capacidade de influencia da causa defendida. Polo tanto, vexo entre Queremos Galego e ProLingua unha relación de complementariedade e non de exclusión. Se todo o mundo o entende así, non debe haber ningún problema, que só surxirá se se pensa en termos de (perda de) monopolio. Até agora, ese é un erro que a UPG non cometeu, e creo firmemente que non o fará.
Saúdos.
16 Febreiro 2010 ás 2:25 p.m.
Caralladas, os comentarios aqui falan con frecuencia de facer outra alternativa.
Desde logo se o motivo é que coa UPG dentro non se vai a ningun lado pensade que calquera cousa que se monte vai pelexar igual coa UPG.
Nese aspecto non teño claro que o cambio sexa para mellor.
Outra cousa é o suposto perfil dese novo partido: ¿centro-esquerda?
Polo que leo nos comentarios o rango da xente que aspiraría a facer algo dentro dunha alternativa ao BNG cubriria centro, centro-esquerda, esquerda. (Poño tres etiquetas «para simplificar»).
Cubririase o mesmo rango que cubre agora o Bloque. Ou sexa, repetiria os debates (e probablemente insultos) que existen actualmente, e como consecuencia as decepcions co proxecto.
Por todo iso non son capaz de ver con optimismo unha alternativa traballando fora do Bloque. Claro que, tampouco vexo con optimismo o que hai dentro, iso é verdade, simplemente que se teño que esperar ata 2025 ou 2030 para que exista unha alternativa nacionalista fora do BNG, tamén podo esperar o mesmo tempo a ver se aparece dentro.
Só unha cousa, contestoche a ti por que «te puxeches a tiro» e ademais es un comentarista educado
16 Febreiro 2010 ás 6:47 p.m.
ui! o comentario 7 apareceu onde non era. Estoume volvendo demasiado vello para a internet
16 Febreiro 2010 ás 7:47 p.m.
Son membro da Mesa e de prolingua tamén.
Persoalmente penso que Carlos Callón está a facer un gran traballo. En canto á súa identificación política co BNG sempre que o vin representando á Mesa tivo cuidado de que non fose relevante sen ocultalo (aí está a entrevista que lle fixo Carlos L. Rodríguez).
Agora ben, se alguén non se sinte cómodo na Mesa porque cre que tén unha identificación política excesiva con BNG benvidas sexan outras iniciativas. A min, persoalmente, encantaríame que a xente afín ao PSOE e a do PP estivese activa no tema da lingua, e algúns estano, e que a demanda social rompese a barreira partidaria pero non creo que faga falla usar Á Mesa como excusa.
Por desgraza non se dá o caso de que exista unha plataforma afín ao PP ou ao PSOE na defensa da lingua (máis ben ao contrario), e non é que non manexen este tipo de estratexias cando lles conveñen (Unións Agrarias, UGT, plataformas universitarias de profesores, estudiantes, Galicia Bilingüe, XXAA).
Porque o de despolitizar o tema da lingua, a estas alturas da pelícola…