O cultur.gal vira AchegArte

25 novembro 2009

pantalla-para-presentacion

Despois da vergoñenta decisión da Xunta (unha máis entre tantas!) de retirar o apoio financieiro para a organziación da feira da cultura galega que anualmente se celebraba na cidade da Coruña baixo o título cultur.gal, diversos solectivos culturais decidiron continuar coa organización do evento, co novo nome de AchegArte e co apoio da Deputación e do Concello da Coruña. Así, durante todo o fin de semana próximo (sábado 28 e domingo 29), o recinto PalExCo acollerá unha enorme variedade de representacións artísticas e mostras culturais. A entrada é libre e gratuita, e o programa pode ser consultado ou descargado desde a web de Cultura do Concello da Coruña.

En Xornal podedes ler unha entrevista con María Xosé Bravo, máxima responsable pola coordinación dos esforzos dirixidos a conseguir organizar o evento. Moita merda e longa vida a cultur.gal/AchegArte!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Publicado na categoría Anuncios e noticias | Trackback | del.icio.us | Enriba

7 respostas a “O cultur.gal vira AchegArte”

  1. caralladas76 di:

    Sodes conscientes de que ‘renovar o bng’ é o blog de blogaliza máis visitado nos últimos días? E feijoomente anda entre os 4 ou 5 primeiros tamén.

    Droghaditos do blog!!

    Iso sí, non sei se hai algunha estatística que diga o mesmo para todos os blogs, non só os de blogaliza.

    Parabéns.

  2. Pablo di:

    Alguén debería de preguntarlle o conselleiro de cultura se pensa que o Culturgal era producción cultural, porque según el hai que apoiar a promoción e non a producción.

  3. Manuel di:

    Moitos parabens para María Xose que está a demostrar o valor do traballo ben feito.

  4. chirleu di:

    Chámame a atención que os promotores desta páxina, tan atentos aos máis variados avatares do Bloque, aínda non teñan feito ningún comentario sobre a asunción da responsabilidade de estratexias por Beiras.

  5. caralladas76 di:

    #4 podes facelo tí, chirleu. Esta páxina está pensada para que todos aporten.

  6. filipediez di:

    #4 chirleu: Temos 15 posts pendentes de finalización, e un é sobre ese asunto. E é que hai épocas nas cales non damos abasto con tanta cousa pra comentar no BNG. Contamos coa vosa comprensión.

    Saúdos.

  7. filipediez di:

    #1 caralladas: O propósito deste blog non é ser líder en visitas, senón promover o debate no seo do BNG. Desde logo, o feito de que cada vez sexan máis -e máis diversas- as persoas que nos len contribúe a ese obxectivo, pero non é o ranking a nosa preocupación esencial.

    Con todo, non é unha situación nova, senón bastante habitual: este blog foi lanzado o pasado 9 de marzo, e desde mediados de abril ven ocupando o 1º lugar en Blogaliza na maioría das ocasións. Canto a Feijoomente, é outro tipo de blog, moi plural na súa redacción e cunha outra liña política, e desde que apareceu (o 6 de xuño) sempre oscilou entre o 2º e o 4º lugar, polo que tampouco é novidosa a súa clasificación.

    O importante de todo isto é que a blogosfera galega está moi viva e que cumpre unha función cada vez máis importante de información e de debate social. E se nós contribuímos modestamente a iso, encantados; tanto se este blog é o 1º en visitas, como se é o 49º. Entre outras cousas, porque iso non depende de nós, senón de vós, e aceptamos con moito gusto as visitas e comentarios, do mesmo xeito que respectamos que nos abandonedes se vos cansades de nós.

    Saúdos.

    P.S. Por certo, estes últimos días o blog líder en Blogaliza non é este, senón acorunacultura.org, con motivo da feira cultural AchegArte. E aquí nos tes, sen ningún trauma por perder a lideranza ;)

Deixa unha resposta