Manifesto a favor da lingua galega
3 xullo 2009Na web Galego. Patrimonio da Humanidade podedes ler e asinar o manifesto a favor da lingua galega que pretende virar unha Iniciativa Lexislativa Popular. Un paso máis na defensa da lingua do país e na reclamación de que Feijoo e o PPdeG retomen o consenso en materia de lexislación lingüística.
7 xullo 2009 ás 4:20 pm
Somentes unidos e ben unidos pódese facer País. Independentemente das particularidades que carácterizan a cada individuo pensante (intelixente)non todos podemos seren catalogados deste xeito. Hai individuos que ainda non descobriron que o senso está para seren desenrolado e non mancillado nin diminuído.Unha sociedade que non sabe aprezar o que leva de bó tras de sí non merece seren chamada como tal- SOCIEDADE- somentes podemos identificala como MASA atendendo os conceptos sociolóxicos que a definen,…, un “Tutum Revolutum”.
A Lingüa que identifica social, cultural e xeograficamente a un País non pode seren tratada polos representantes sociais coma unha COUSA VALEIRA E ATEMPORAL.
7 xullo 2009 ás 10:33 pm
Un paso máis, di con acerto a mensaxe inicial. Neste tema, se cadra coma en ningún outro, o que cómpre neste momento é sinerxia; e o manifesto Galego. Patrimonio da Humanidade pode suscitala; rememos moito, discutamos menos.